Essen
cidade alemá do estado de Renania do Norte-Westfalia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Essen[1] [ˈɛsn̩] é unha cidade alemá sita no centro da Rexión do Ruhr ou Conca do Ruhr, no estado de Renania do Norte-Westfalia (Nordrhein-Westfalen).

Remove ads
Localización e características
Sita ás beiras do río Ruhr, ten unha poboación de 582.760 habitantes, o que a sitúa como unha das máis grandes de Alemaña. Foi nomeada Capital Europea da Cultura no 2010, en representación de toda a Conca do Ruhr.
En principio foi un dos máis importantes centros alemáns do carbón e do aceiro, estando historicamente ligada ás industrias metalúrxicas da centenaria familia Krupp, para ir desenvolvendo un poderoso sector terciario e, actualmente, xunto á próxima cidade de Düsseldorf, son denominadas o pupitre do Ruhr. En Essen están instaladas o 13 por 100 das maiores empresas alemás e ademais nela teñen a súa sede varias institucións administrativas rexionais.
A cidade foi escollida en 1958 como sede dunha nova diocese da Igrexa Católica, a diocese de Essen ou bispado do Ruhr (Ruhrbistum). A comezos do ano 2003, as universidades de Essen e a da veciña cidade de Duisburg (ambas dúas estabelecidas en 1972) uníronse para formar a nova Universidade de Duisburg-Essen con campi en cada unha das cidades e o hospital universitario en Essen.
Predecesor:![]() ![]() |
![]() Capital Europea da cultura xunto a ![]() ![]() 2010 |
Sucesor:![]() ![]() |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads