Apeadoiro de Elviña-Universidade

From Wikipedia, the free encyclopedia

Apeadoiro de Elviña-Universidademap
Remove ads

Elviña-Universidade é un apeadoiro de tren de Adif situado na parroquia de Elviña, no concello da Coruña. Dá servizo á propia localidade de Elviña e principalmente ao campus da Universidade da Coruña.

Datos rápidos Tipo, Estado de uso ...

Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. No ano 2008 tivo un tráfico de 6.000 pasaxeiros, o que equivale a uns 16 pasaxeiros diarios de media. Porén, logo de 2017, os datos de Renfe Operadora indicaban que menos dun milleiro de persoas empregaban esta estación anualmente.[1]

Remove ads

Situación ferroviaria

O apeadoiro atópase no punto quilométrico 547,9 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[2], entre as estacións do Burgo-Santiago e A Coruña. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

A estación

Foi inaugurada en outubro de 2002, aínda que non entrou en funcionamento ata xullo de 2003.[3] Foi concibida para dar servizo ao Campus de Elviña da Universidade da Coruña. Para iso construíuse un sinxelo apeadoiro dotado dun refuxio e unha plataforma de 150 metros de longo.[3] Unha única vía accede ao mesmo. En total o investimento alcanzou os 480.000 euros.[3]

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 10 de setembro de 2020.

Máis información Liñas, Trens ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads