Primeira división española 2012/13
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A tempada 2012–13 da Primeira División Española de fútbol foi a 82ª edición desta competición. Comezou o 18 de agosto de 2012 e finalizou o 1 de xuño de 2013. O torneo estivo organizado pola Liga de Fútbol Profesional (LFP).

Tras un ano sen equipos galegos na principal división do fútbol español, regresaron á categoría dourada os dous principais equipos da comunidade: o Deportivo da Coruña (tralo seu descenso a tempada 2010/11) e o Celta de Vigo (que descendeu na tempada 2006/07). A eles sumouse o Real Valladolid (descendeu na tempada 2009/10).
O FC Barcelona coroouse campión a falta de catro xornadas por terminar o campionato, o 11 de maio, conseguindo así o seu 22º título de Liga.[1] Ao termo da primeira volta, o equipo catalán sumou 55 puntos dos 57 posibles (dezaoito vitorias e un empate), establecendo un novo récord histórico na competición.[2]
Real Madrid e Atlético de Madrid xogarán xunto co campión a Liga de Campións, mentres que a Real Sociedad xogará a fase previa, dez anos despois da súa última participación. Valencia, Málaga e Betis xogarán a Europa League. Finalmente, Mallorca, Deportivo e Zaragoza descenderon na última xornada a Segunda División. Os baleares levaban 16 tempadas consecutivas na máxima categoría.
Remove ads
Equipos e estadios
Tomaron parte na competición vinte equipos. Villarreal, Sporting de Xixón e Racing de Santander, descendidos a tempada anterior, foron substituídos por Deportivo da Coruña e Celta de Vigo, ascendidos de forma directa, e Real Valladolid, campión do play-off de ascenso.
Equipos por comunidades autónomas
Remove ads
Clasificación
X = Partidos xogados; G = Partidos gañados; E = Partidos empatados; P = Partidos perdidos; GF = Goles a favor ; GC = Goles en contra; DG = Diferenza de goles; Pts = Puntos
|
Posicións por xornada
Fonte: LFP Liga BBVA Clasificación Arquivado 02 de novembro de 2012 en Wayback Machine.
Remove ads
Cadro de resultados
Estatísticas
Máximos goleadores
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads