Evanescence

grupo musical estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Evanescence
Remove ads

Evanescence é un grupo musical estadounidense que se formou en Little Rock (Arcansas) en 1994. O seu estilo musical é rock-metal alternativo e metal gótico.

Datos rápidos Obra, Datas ...
Remove ads

Historia

A andaina deste grupo comezou nun campamento xuvenil cando se atoparon Ben Moody (guitarra) e Amy Lee (voz) hai varios anos, mentres ela estaba cantando. Ben e Amy comezaron a gravar cancións baixo o nome de Evanescence, con sons de metal e música electrónica que pouco a pouco comezaron a soar na radio. Despois disto David Hodges (teclados) únese á banda.

En 1999 gravan Sound asleep, que é só unha edición limitada de 50 copias. No 2000 gravan o seu primeiro álbum, Origin, como edición limitada e vendéronse todas as copias. Para as escenificacións en vivo uníanse Will Boyd (baixo), John Lecomp (guitarra) e Rock Gray (batería). Ese mesmo ano Hodges deixa a banda e Lecompt e Gray quedan como membros permanentes do grupo.

A súa música medraba en popularidade nos Estados Unidos de América e iso levou a que a súa canción Bring me to life, xunto co tema "My inmortal", fosen agregados á banda sonora da película Daredevil.

O 4 de marzo do 2003 edítase Fallen, a obra cumio do grupo ata o momento, onde demostran por que chegaron a onde están. Da voz de Amy díxose que é capaz de crear noites enteiras de insomnio a quen a escoite. A finais do ano 2004 publican un disco do seu directo en París, Anywhere but home.

Remove ads

Discografía

Máis información Álbum, Ano ...

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads