ExPASy
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
ExPASy é un portal de recursos bioinformáticos xestionado polo Instituto Suízo de Bioinformática (Swiss Institute of Bioinformatics, SIB) e en particular polo SIB Web Team. É un portal integrado e extensible no que se poden acceder a moitas fontes científicas, bases de datos e ferramentas de software de diferentes áreas das ciencias da vida. Os científicos poden acceder a unha ampla gama de recursos de moi diferentes dominios, como a proteómica, xenómica, filoxenia/evolución, bioloxía de sistemas, xenética de poboacións, e a transcritómica. Cada un dos recursos (bases de datos, ferramentas informáticas descargables baseadas en páxinas web) albérganos de forma descentralizada distintos grupos do SIB e institucións asociadas. Un só portal web proporciona un punto de entrada común a un amplo rango de recursos desenvolvidos e operados por moitos grupos diferentes do SIB e institucións externas. O portal presenta unha función de busca dos recursos seleccionados. Internamente, a dispoñibilidade e uso dos recursos está monitorizada. O portal está pensado tanto para o seu uso por expertos coma por persoas non familiarizdas cun dominio específico das ciencias da vida, e a nova inerface da web proporciona unha guía visual para os novatos no uso de ExPASy.
Remove ads
Historia
Orixinalmente, ExPASy denominábase Expert Protein Analysis System, Sistema de Análise de Proteínas Experto, e actuaba como un servidor proteómico para analizar secuencias e estruturas de proteínas e información de electroforese en xel bidimensional (electroforese Page 2D).[1] Entre outras cousas, ExPASy referencia a base de datos sobre coñecementos sobre sucuencias de proteínas, UniProtKB/Swiss-Prot, e o seu suplemento anotado por computador, UniProtKB/TrEMBL.
ExPASy foi a primeira páxina web das ciencias da vida.
O 5 de abril de 2007 ExPASy fora consultada mil millóns de veces desde que se instalou o 1 de agosto de 1993.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads