ExoMars Trace Gas Orbiter

From Wikipedia, the free encyclopedia

ExoMars Trace Gas Orbiter
Remove ads

ExoMars Trace Gas Orbiter ou TGO, tamén coñecida como ExoMars 2016, é unha sonda espacial da ESA lanzado o 14 de marzo de 2016 a bordo dun foguete Proton M Briz-M desde o Cosmódromo de Baikonur cara Marte.[1][2][4][5]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

TGO é a primeira sonda do programa ExoMars da Axencia Espacial Europea, deseñado para buscar rastros de vida presente ou pasada en Marte.[1][2][4][5]

A misión de TGO é caracterizar a atmosfera marciana en busca de gases trazada como o metano, que poden ser indicio de actividade biolóxica. Debe servir tamén como enlace para un futuro explorador de superficie europeo. A nave ten unha masa ao lanzamento de 3732 kg (sen contar o módulo de aterraxe de proba Schiaparelli) e ten forma aproximada de caixa de 3,2 x 2,0 x 2,0 metros con dous paneis solares cunha envergadura de 17,5 m que producen ata 2 kW de potencia, alimentando baterías de ión litio cunha capacidade de 5,1 kWh. A propulsión corre a cargo de dun motor principal bipropelente de 424 N de impulso. As comunicacións teñen lugar mediante un sistema en banda X de 65 W de potencia e unha antena de prato de 2,2 m de diámetro, con tres antenas de baixa ganancia. As comunicacións coa superficie marciana teñen lugar mediante o transceptor UHF do sistema Electra e unha antena de hélice.[1][2][4][5]

A nave chegou a Marte en outubro de 2016, tras sete meses de viaxe. Tres días antes da chegada soltou o módulo Schiaparelli para a súa entrada atmosférica. Tras varias manobras, incluíndo unha fase de aerofreado, TGO quedou na súa órbita científica de 400 km de altura en abril de 2018.[1][2][4][5] En 2024 segue dando froitos, con TGO e o seu aparello Colour and Stereo Surface Imaging System (CaSSIS) recollendo novidosos datos da superficie.[6]

Remove ads

Instrumentos

ExoMars TGO leva os seguintes instrumentos a bordo, totalizando 112 kg de material científico:[1][2][4][5]

  • Mars Atmospheric Trace Molecule Occultation Spectrometer (MATMOS), un espectrómetro infravermello para detectar concentracións moi baixas de moléculas na atmosfera.
  • Espectrómetro de nadir de alta resolución por ocultación solar (SOIR/NOMAD), outro espectrómetro infravermello, este para detectar sustancias traza na atmosfera e cartografar a súa posición na superficie.
  • ExoMars Climate Sounder (EMCS), un radiómetro infravermello para facer medicións glbais diarias do po, vapor de auga e especies químicas na atmosfera para axudar na análise dos datos dos espectrómetros.
  • High-resolution Stereo Color Imager (HiSCI), unha cámara estéreo en catro colores e unha resolución de 2 metros.
  • Mars Atmospheric Global Imaging Experiment (MAGIE), unha cámara multiespectral gran angular para obter imaxes globais e contextualizar os datos do resto de instrumentos.
Remove ads

Módulo Schiaparelli

Xunto con TGO voou o módulo demostrador de entrada descenso e aterraxe (Entry, Descent and landing demonstrator Module, EDM) Schiaparelli para probar técnicas de entrada e aterraxe suaves na superficie marciana. O módulo, construído en colaboración con Roskosmos e de 600 kg de masa, estrelouse contra a superficie a causa dunha anomalía no software que fixo crer ao módulo que estaba próximo a terra cando faltaban case 4 km, liberándose do paracaídas e activando os motores de aterraxe. Durante 3,7 km o módulo foi en caída libre ata o impacto co solo.[1][2][4][5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads