FORAN
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
FORAN (as iniciais en castelán de «Formas Analíticas») é un programa informático CAD/CAM/CAE para o deseño de buques e o sector naval da empresa SENER de Bilbao.
Remove ads
Historia
As orixes da empresa están en 1956 cando o enxeñeiro naval Enrique de Sendagorta funda SENER, primeira enxeñería española independente e allea aos estaleiros e ao sector militar e ás súas escolas de aprendices. Con sede en Bilbao, Sener céntrase na execución de proxectos navais dende as súas orixes[2], entón a empresa tiña 18 empregados, case todos delineantes. Hoxe a empresa ten máis de 1.000 traballadores.
En 1967 Sener presenta FORAN. Posiblemente o primeiro sistema mundial para facer os cálculos das formas de buques. Ata entón facían falta meses para presentar os planos de detalle construtivo e cálculos, todo feito a man. O programa fíxose con recursos propios, cun IBM 1130 e un plotter. O proxecto iniciouse con 12 millóns de pesetas de Sener e outros 50.000 dólares achegados por Litton Systems Incorporated, unha contrata da Armada dos Estados Unidos de América.
Foran forma parte dun grupo de empresas liderado por Sener Ingeniería y Sistemas S.A e ITP.

Remove ads
FORAN
FORAN é empregado por máis de 150 oficinas técnicas e estaleiros de 30 países no deseño de todo tipo de buques. O sistema FORAN está baseado en módulos independentes para o deseño das distintas partes dos buques.
Os subsistemas FORAN están deseñados para:
- FORAN Deseño Inicial (formas do buque e características)
- FORAN Estrutura (materiais e enxeñería)
- FORAN Maquinaria e Armamento (equipamento)
- FORAN Deseño Eléctrico (cabreado e maquinaria)
- FORAN Drafting & Mechanical. CAD (planos construtivos)
Estes módulos compleméntanse con outros como a realidade virtual. Deseño e visionado en 3D do buque o que permite ver como será o buque no proceso de deseño e a súa construción. SENER vende as licenzas do programa xunto coa formación dos técnicos que o empregarán. Esa formación faise tanto nas súas oficinas como nas dos seus clientes. Actualmente o programa funciona baixo Windows baixando moito os requirimentos de hardware que tiña nos anos 1990 cando empregaba ata chaves de hardware para evitar a súa copia. Nos inicios o programa estaba só dispoñible en inglés e toda a documentación era nesa lingua. Tampouco existía documentación técnica nin información do programa proporcionada por empresas alleas a SENER.
O programa pode intercambiar datos en múltiples formatos: DWG, DXF, IGES, STEP, VDA, VRML e XML.
Remove ads
Clientes
Foran é empregado en España por empresas como[4]:
- Navantia
- Gondán (Asturias)
- Abance
- Construcciones Navales del Norte
- Aries
- Ghenova
- Seaplace
- Dinain (Galiza)
- Ministerio de Defensa (Armada Española)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads