Fast Auroral Snapshot Explorer
Satélite artificial dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
FAST, acrónimo de Fast Auroral Snapshot Explorer, tamén coñecido como Explorer 70, é un satélite artificial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 21 de agosto de 1996 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[1][3]
Remove ads
Características
A misión de FAST consistiu no estudo da física do plasma dos fenómenos aurorais cunha alta resolución espacial e temporal, no rango dos microsegundos. O satélite foi lanzado a unha órbita moi excéntrica e case polar que precesiona un grao por día.[1][3]
FAST estabilízase mediante xiro a unha velocidade de 12 revolucións por minuto, co eixo de xiro situado perpendicular ó plano orbital. Leva a bordo unha memoria de estado sólido de 1 Gbit de capacidade e unha velocidade de adquisición de datos de 8 Mbps.[1][3] A alimentación eléctrica proporciónana células solares de arseniuro de galio montadas no corpo do satélite.[5]
A misión finalizou o 4 de maio de 2009.[1][3]

Remove ads
Instrumentos
FAST leva catro instrumentos a bordo:[1][3]
- ESA (Electrostatic Analyzers): dezaséis analizadores que miden a distribución de electróns e ións no rango de enerxías entre 3 eV e 30 keV.[1][3][5]
- TEAMS (Time-of-flight Energy Angle Mass Spectrograph): mide a distribución tridimensional das especies iónicas principais mediante un espectrómetro de masas.[1][3][5]
- Magnetómetros triaxiais de porta de fluxo e de bobinado: miden os campos magnéticos mediante dous magnetómetros dispostos en mastros separados 180 graos.[1][3][5]
- Campo eléctrico/sonda Lagmuir: miden a temperatura e densidade do plasma, así como o seu campo eléctrico, mediante tres mastros ortogonais.[1][3][5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads