Fats Domino

From Wikipedia, the free encyclopedia

Fats Domino
Remove ads

Antoine Dominique "Fats" Domino Jr., nado en Nova Orleáns (Luisiana) o 26 de febreiro de 1928[1] e finado na mesma cidade o 25 de outubro de 2017, foi un pianista, cantante e compositor de R&B e rock and roll estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Ningún outro artista veterano do R&B da súa época conseguiu un maior impacto no rock'n'roll ca el, como o demostra a ampla variedade de artistas que versionearon os seus temas: dende Bobby Darin, Ella FitzgeraldRicky NelsonIke Turner e Tina Turner até John LennonPaul McCartneySheryl CrowT. RexLos Lobos e Cheap Trick.

Remove ads

Traxectoria

Medrou na súa cidade natal, e foi entregado á casa da súa avoa paterna. Ao igual que o que pasaba con moitas familias do barrio Lower Ninth Ward, a de Domino acababa de chegar dende Vacherie. Seu pai era un coñecido violinista que inspirouno a tocar un instrumento. Finalmente aprendeu do seu tío, o guitarrista de jazz Harrison Verrett.

En 1949, con Dave Bartholomew, compuxo e gravou The Fat Man (en realidade unha versión de Junker's Blues de Jack Dupree, á que Dave lle cambiara a letra)[2] que é considerada a primeira gravación dun rock.[3] Nese momento comezou a súa verdadeira carreira. Vendeu máis dun millón de copias e chegou ao número 2 das listas de R&B.[4]

Fats publicou cinco discos de ouro antes de 1955, e tivo 35 cancións no top 40 dos éxitos estadounidenses. O estilo de Domino está baseado no conxunto de R&B tradicional formado por contrabaixo, piano, guitarra eléctrica, batería e saxofón.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads