Fedora (GNU/Linux)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Fedora (GNU/Linux)
Remove ads

Fedora (previamente Fedora Core) é unha distribución GNU/Linux desenvolvida pola comunidade do proxecto Fedora[3][4] e promovida pola compañía estadounidense Red Hat[5]. O desenvolvemento de Fedora e as aplicacións que distribúe aséntanse nas licenzas libres. Pretende ser unha distribución á vangarda na introdución de novas versións e aplicacións e na innovación.[6][7]

Datos rápidos Desenvolvedor, Familia de S.O. ...
Remove ads

Estímase que no 2016 Fedora tiña 1.2 millóns de usuarios,[8] entre os cales se atopa o creador do núcleo de Linux Linus Torvalds.[9][10]

Remove ads

Historia e características

Orixinalmente, Red Hat Linux foi desenvolto exclusivamente dentro de Red Hat, coa súa realimentación de informes de usuarios que recuperaban erros e contribucións aos paquetes de software incluídos e non contribucións á distribución como tal. Isto cambiou o 22 de setembro de 2003, cando Red Hat Linux derivouse dando orixe ao Proxecto Fedora, que está orientado á comunidade de usuarios e así mesmo, serve de base para que Red Hat Enterprise Linux se desenvolva con máis efectividade e adopte as novas características que se engaden no Proxecto Fedora. Os enxeñeiros de Red Hat continúan participando na construción e desenvolvemento de Fedora.[4][5]

Remove ads

Edicións e versións

Rawhide e Branched: a versión continua e as estables

No desenvolvemento de Fedora hai dúas fases de lanzamentos: Rawhide e Branched.[11] A primeira é unha unha versión de actualización continuas e a segunda son lanzamentos periódicos de Fedora.

Rawhide[12] é a póla de desenvolvemento de Fedora. Libérase como unha copia completa da distribución. Nela engádense e próbanse os novos cambios e engadidos antes de que sexan enviados ás versións estables. Rawhide adoita ter máis cambios, ou funcionalidades novas, que a versión estable da distribución. Pódese empregar como sistema operativo principal do día a día, mais esta versión continua está dirixida aos usuarios avanzados, ás probas ou a aqueles que manteñen paquetes de software. Rawhide adóitase actualizar día a día e a ser usada para resolver incidencias.[13] Ao ser unha versión con actualización continuas, ou "rolling release", non se precisa anovar a distribución senón ir actualizándoa continuamente.[14][15]

A fase de desenvolvemento Branched é unha fase previa ao lanzamento dunha nova versión. Unha copia de rawhide sepárase do desenvolvemento e comézase, chámaselle lanzamento e compróbase a súa estabilidade. Na fase de probas as versións de branches vanse denominando "alpha", "beta" a "GA (Final). Cando se corrixen os erros dese póla de branched, publícase como unha nova versión de Fedora. Así, a última versión, que saíu en xuño de 2017 despois de comprobar e estabilizar branched, é Fedora 26.

O soporte destas versións é curto. O ciclo de lanzamento de versións está en 6 meses e o soporte das versión de Fedora son de arredor de 13 meses, que son só unha versión entre as dúas.[16] Porén, é posible anovar Fedora á seguinte versión sen precisar dunha reinstalación.

Máis información Versión (Nóme de desenvolvemento), Lanzamento ...
Máis información Cor, Lenda ...

Edicións

As principais edicións de cada versión de Fedora son:

  • Fedora Workstation: é a edición máis editara para ser estable e amigable ao uso en portátiles e computadores de sobremesa. Conta con GNOME como o escritorio predefinido.[24]
  • Fedora Server: é o servidor de ciclo de uso curto mantido pola comunidade e cos últimos recursos liberados para a administración de servidores.[25]
  • Fedora Atomic: é a edición con reducido consumo de recursos do sistema e pensada para o uso de aplicacións "contedores", ou plataformas de virtualización (como Kubernetes, clusters Origin ou Docker)

Ademais conta con outras edicións máis específicas: Fedora Spins, Labs e ARM.

  • Fedora Spins[26]: xa que GNOME é o escritorio predefinido de Fedora, libéranse as seguintes edicións dos demais escritorios alternativas xa configurados:
    • KDE Plasma Desktop
    • XFCE Desktop
    • LXDE Desktop
    • MATE-Compiz Dektop
    • Cinnamon Desktop
    • Sugar on a Stick (SOAS) Desktop
  • Fedora Labs[27]: son as edicións para un uso específico, en edición completa de distribución ou como engadidos a unha instalación previa, en múltiples campos:
    • Astronomy, para a astronomía
    • Design Suite, para o deseño gráfico e multimedia
    • Games, para xogos e lecer
    • Jam, para a produción e reprodución musical
    • Robotics Suite, para a aplicación en robótica
    • Scientific, para o uso en investigación científica
    • Security Lab, para a análise e corrección de erros en sistemas operativos
  • Fedora ARM[28]: son versións pensadas nos microprocesadores de ARM:
    • Servidores ARM de Fedora:
      • Fedora Servers
      • Fedora Minimal
    • Fedora para escritorio: imaxes para centros multimedia ARM, quioscos, portátiles ou outros dispositivos nos que se precise unha interface gráfica.
      • Fedora Workstation
      • KDE Plasma, XFCE, LXDE, MATE-Compiz, Cinnamon, Sugar on a Stick
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads