Kubernetes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Kubernetes
Remove ads

Kubernetes, estilizado como K8s, é un sistema de orquestración de contedores de código aberto que automatiza a implementación, escalado e xestión de aplicacións en contedores.[1] [2] Foi deseñado orixinalmente por Google e agora é mantido pola Cloud Native Computing Foundation.[3] Funciona cunha variedade de ferramentas de conteinerización, incluíndo Docker.

Datos rápidos Instancia de, Epónimo ...

Ofrece a posibilidade de implantarse en servizos de nube ofrecidos por múltiples provedores, moitos dos cales teñen a súa propia versión distribuída de Kubernetes.

Remove ads

Historia

Thumb
Charla "Google Container Engine" no Google Cloud Summit.

O nome Kubernetes deriva de κυβερνήτης que en grego significa "timoneiro". Foi fundado por Joe Beda, Brendan Burns e Craig McLuckie e posteriormente outros enxeñeiros de Google.[4]

Foi anunciado en 2014 e inspirouse no sistema de Google Borg. O nome en clave de Kubernetes dentro de Google era Project Seven, por uns personaxes borg de Star Trek. Os sete raios da roda no logo de Kubernetes son unha referencia ao nome.[5]

A primeira versión oficial, Kubernetes v1.0, foi lanzada en 2015. Xunto co seu lanzamento, Google asociouse coa Linux Foundation para crear a Cloud Native Computing Foundation e proporcionou Kubernetes como a súa tecnoloxía principal.

Conceptos principais

  • Pods: Son grupos de contedores que comparten unha rede local. É a unidade básica de traballo en Kubernetes.
  • Nodes: Son os servidores, físicos ou virtuais, onde se executan os pods.
  • Services: Representan un conxunto de pods que ofrecen unha funcionalidade. Posúen un enderezo IP e Kubernetes encárgase do balanceo de carga entre os pods.
  • Volumes: Son unidades de almacenamento, podendo ser efémeras ou persistentes, accesibles por todos os contedores dun pod.
  • ConfigMaps e Secrets: Almacenan información, sendo os 'secrets' específicos para datos sensibles.
  • Helm charts: Son paquetes para Kubernetes, xestionados polo software Helm.[6] [7] [8]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads