Felipe Nasr

From Wikipedia, the free encyclopedia

Felipe Nasr
Remove ads

Luiz Felipe de Oliveira Nasr, nado o 21 de agosto de 1992 en Brasilia (Distrito Federal), é un piloto brasileiro - libanés de automobilismo. Foi o campión de Europa da tempada 2009 da Fórmula BMW e o campión británico da tempada 2011 de Fórmula Tres.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Logo dun ano como piloto de probas oficial de Williams na tempada 2014 de Fórmula Un, uniuse a Sauber como piloto oficial na tempada 2015 de Fórmula Un.[1][2]

Remove ads

Andaina

Karting

Nasr comezou no karting no Brasil cando tiña sete anos de idade. Entre 2000 e 2007 gañou varios campionatos no Brasil.[3]

Fórmula BMW

2008

Nasr fixo o seu debut nos monoprazas na rolda final da tempada 2008 da Fórmula BMW América en Interlagos, que apoiou ó Gran Premio do Brasil de 2008, logrando un podio na segunda carreira nun campionato que foi dominado por Alexander Rossi.

2009

Nasr trasladouse ao campionato europeo de Fórmula BMW en 2009 con EuroInternational. Terminou 14 das 16 carreiras nos dous primeiros postos, gañou 6 carreiras, 5 poles e adxudicouse o título por 104 puntos diante do seu compañeiro de equipo Daniel Juncadella. Como o campionato patrocinábao BMW, que era o fornecedor de motores de Sauber nesa tempada, Nasr foi chamado para probar un coche de carreiras de F1 de Sauber, pero coa retirada de BMW da F1, esta proba non chegou a facerse.

Thumb
Felipe Nasr pilotando en Spa-Francorchamps cun EuroInternational.

Fórmula Tres

2010

En 2010 Nasr competiu no campionato británico de Fórmula Tres con Räikkönen Robertson Racing, uniuse a un equipo de tres coches xunto aos pilotos do equipo en 2009 Carlos Hortas e Daisuke Nakajima.[4] Ademais de asinar para o equipo, Nasr tamén asinou con Robertson Management, a organización que xestiona a carreira do ex campión do mundo de Fórmula Un Kimi Räikkönen. Nasr terminou a tempada británica de Fórmula Tres de 2010 na quinta posición.[5]

2011

Nasr asinou con Carlin Motorsport para o campionato británico de Fórmula Tres de 2011, tamén gañou a Challenge Sunoco Rolex 24 at Daytona, un programa de carreiras especial conxunto entre as series no Reino Unido que utilizan Sunoco Racing Fuel. O gañador dese desafío logrou un posto para disputar as 24 horas de Daytona de 2012, na que rematou terceiro.[6] Nasr adxudicouse o título do campionato británico de 2011 de Fórmula Tres, con 123 puntos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo, Kevin Magnussen.

Nas 24 horas de Daytona de 2012, Nasr terminou terceiro na xeral e na súa clase, pilotando un prototipo Riley de segunda xeración de Michael Shank Racing.

GP2 Series

2012

Nasr asinou con DAMS para competir na tempada 2012 das GP2 Series co apoio dos patrocinadores brasileiros Banco do Brasil e o OGX de Eike Batista.[7] Os mellores resultados de Nasr foron un segundo lugar na segunda carreira belga e un cuarto lugar na primeira carreira de Alemaña. Formou equipo co experimentado Davide Valsecchi, que gañou o campionato de pilotos, o décimo lugar de Nasr na clasificación permitiu a DAMS gañar tamén o campionato de equipos. Logrou catro podios, o mellor posto foi o segundo en Spa, e foi o segundo novato clasificado máis alto na xeral, por detrás de James Calado.

2013

Para a tempada 2013 das GP2 Series Nasr fichou por Carlin, xunto co británico Jolyon Palmer. Nasr cría que ía ser aspirante ao título, xunto a James Calado e Marcus Ericsson, e esperaba pilotar un coche de F1 a finais de ano. Nasr terminou cuarto na clasificación final da tempada 2013.

Fórmula Un

2014

O 22 de febreiro de 2014 confirmouse que Nasr uniríase a Williams como piloto de reserva do equipo, participando en tres probas e cinco sesións de adestramentos libres en todo o transcurso da tempada.[8] Fixo a súa primeira aparición na primeira práctica no Gran Premio de Bahrain substituíndo a Valtteri Bottas.

Sauber (2015)

Thumb
Nasr pilotando para Sauber no Gran premio de Malaisia de 2015

O 5 de novembro de 2014, anunciouse que Nasr pilotaría para Sauber en 2015.[2] Na súa primeira carreira co equipo en Australia, Nasr terminou en quinta posición, a posición máis alta para un piloto brasileiro no seu debut nun Gran Premio.[9][10]

Remove ads

Vida persoal

Nasr enumera as súas afeccións favoritas deportes, pesca e mecánica,[11] o seu piloto favorito era Ayrton Senna, e o seu circuíto favorito o circuíto de Spa-Francorchamps. Felipe é sobriño de Amir Nasr, que posúe unha das máis exitosas escudarías de Fórmula e Suramericana que axudaron á progresión de moitos pilotos brasileiros de fórmula júnior, como Hélio Castroneves, Vitor Meira, Antônio Pizzonia, Luciano Burti, Bruno Junqueira, Cristiano da Matta, Mario Haberfeld, Max Wilson, Átila Abreu e Sérgio Jimenez.

Remove ads

Rexistro de carreiras

Traxectoria profesional

Máis información Tempada, Series ...

 – Como Nasr era un piloto invitado, non podía puntuar.
* Tempada en curso.

Resultados Completos na GP2 Series

As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados Completos na Fórmula 1

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información ano, Equipo ...

* Tempada en progreso.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads