Fernando IV de Habsburgo

político húngaro From Wikipedia, the free encyclopedia

Fernando IV de Habsburgo
Remove ads

Fernando IV da Casa de Habsburgo, nado en Viena o 8 de setembro de 1633 e finado o 9 de xullo de 1654, foi coroado rei de Bohemia en 1646, rei de Hungría e Croacia en 1647 e Rei de Romanos o 31 de maio de 1653.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Foi o primoxénito do emperador Fernando III de Habsburgo e da súa primeira esposa María Ana de Austria. Os seus avós maternos foron Filipe III de España e Margarida de Austria. Era o irmán máis vello de Mariana de Austria e Leopoldo I.

Remove ads

Traxectoria

Cando era novo, Fernando IV tomou o papel do seu pai como arquiduque de Austria.[1] En 1646, Fernando IV converteuse en rei de Bohemia, compartindo o papel co de duque de Cieszyn e co seu pai, o emperador Fernando III. Foi coroado o 5 de agosto de 1646.[2][3] Fernando IV tamén compartiu o papel de rei de Hungría e Croacia co seu pai; a súa coroación tivo lugar o 16 de xuño de 1647 en Pressburg, na actual Eslovaquia.[2]

Despois de que os franceses tentasen modificar o sistema de elección do rei dos romanos, o emperador Fernando III aproveitou un recente declive no prestixio de Francia, e puido instalar a Fernando IV como rei dos romanos, e herdeiro de facto do Sacro Imperio Romano Xermánico nas eleccións imperiais de 1653. Foi coroado en Ratisbona o 18 de xuño de 1653 despois de gañar o cargo o 31 de maio de 1653.[4] Porén, Fernando IV morreu inesperadamente de varíola en Viena o 9 de xullo de 1654. Antes da súa morte, estaba previsto que casase coa filla de Filipe IV de España, María Teresa de España, a súa curmá.[1] Á morte de Fernando III, Leopoldo I foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.[4]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads