Fernando I de León

Rei consorte de Galiza From Wikipedia, the free encyclopedia

Fernando I de León
Remove ads

Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de Galiza[1] ou de León[a] dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Fernando I e a súa esposa Sancha I recibindo o seu Libro de horas (1055).

Fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035. Converteuse no rei de Galiza[2] polo seu matrimonio con Sancha, filla de Afonso V o Nobre e Elvira Méndez, despois de que o seu cuñado e lexítimo rei Vermudo III, falecese loitando contra el na batalla de Tamarón.

Os primeiros dezaseis anos do reinado pasounos resolvendo conflitos internos e reorganizando o reino. En 1054, as disputas fronteirizas co seu irmán García III de Pamplona viraron en guerra aberta. As tropas galegas deron morte ao monarca navarro na batalla de Atapuerca.

No seu tempo o reino foi ampliado, tomándose as prazas de Lamego (1057), Viseu (1058) e Coímbra (1064), e someteuse a algúns do reinos de taifas ao pago de parias.

Thumb
Thumb
Reinos da Península Ibérica no comezo e no final do século XI.

División do reino

Despois da súa morte e a da súa esposa Sancha, os dominios da parella foron divididos entres seus fillos: ao primoxénito, Sancho, correspondeulle o estado patrimonial de seu pai, o condado de Castela, elevado á categoría de reino, e as parias sobre o reino taifa de Zaragoza; a Afonso, correspondeulle o Reino de León, así como os dereitos sobre o reino taifa de Toledo; García recibiu a parte principal dos territorios do reino[3] mailos dereitos sobre os reinos taifas de Sevilla e Badaxoz; a Urraca e a Elvira correspondéronlles as cidades de Zamora e Toro, respectivamente, tamén con título real.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads