Fernando Olmedo Reguera

relixioso galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Fernando Olmedo Reguera
Remove ads

Fernando Olmedo Reguera, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1873 e finado en Madrid o 12 de agosto de 1936, foi un frade e xornalista galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo de Fernando Olmedo e Elisa Reguera, propietarios dos almacéns Olmedo da vila de Pontevedra. Nesta cidade fundou o Círculo Católico de Obreros e colaborou en El Criterio Gallego e El Áncora, do que tamén foi director. Tamén colaborou en El Pensamiento Galaico e El Alcance de Santiago de Compostela. Doutorouse en Dereito, e o 15 de febreiro de 1901 ingresou na orde dos capuchinos, sendo ordenado presbítero o 31 de xullo de 1904.

Foi asasinado durante a guerra civil española, e soterrárono na cripta da basílica de Xesús de Medinaceli de Madrid. Foi beatificado o 3 de outubro de 2013.[1]. Na cidade de Pontevedra unha rúa leva o nome Padre Fernando Olmedo.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads