Ferrari F-2012

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ferrari F-2012
Remove ads

O Ferrari F2012 é un coche de carreiras de Fórmula Un deseñado pola Scuderia Ferrari para a tempada de Fórmula Un de 2012. O coche foi presentado o 3 de febreiro nas instalacións de Ferrari en Maranello[2] O coche será pilotado por Fernando Alonso e Felipe Massa.

Máis información Información ...
Remove ads

Deseño

Como a maioría dos coches cas especificacións para 2012, os F2012 contan cun "morro graduado" para adaptarse ás novas normas de seguridade da FIA. Con todo, o deseño de Ferrari, foi obxecto de críticas, incluíndo as do seu piloto Massa.[3]

Informouse de que Ferrari desenvolvera un sistema de suspensión reactiva, un dispositivo mecánico, deseñado para manter a altura da carrocería nas freadas, que esperaba utilizar no seu coche de 2012.[4] Nunha decisión de última hora a FIA determinou que os dispositivos deste tipo contraveñen as disposicións, xa que podería mellorar o rendemento aerodinámico dos coches, polo que o sistema non está presente no novo coche.[5]

Remove ads

Rendemento

Durante as probas de pretemporada, os xornalistas informaron de problemas co manexo do coche. Subviraxe na entrada das curvas e sobreviraxe na saída das curvas. Ferrari negou que o coche tivera un baixo rendemento, pero durante o Gran Premio de Australia de 2012, ámbolos dous, Alonso e Massa tiveron que loitar co manexo, e só puideron cualificar 12º e 17º, respectivamente. Alonso terminou a carreira en quinto lugar, mentres que Massa retirouse logo dunha colisión co piloto de Williams Bruno Senna. Na semana antes do Gran Premio de Malaisia, Ferrari deu o paso extraordinario preparando un chasis novo para Massa.[6] Non se podía explicar a diferenza entre as actuacións de Alonso e Massa en Melbourne, o equipo preparou o chasis para Massa na crenza de que o coche que usou en Australia era defectuoso. Na carreira, as condicións meteorolóxicas extremas levaron a Alonso á cabeza logo da parada en boxes. O F2012 de Ferrari demostrou que ten moi bo rendemento en condicións de mollado, pero a medida que a pista comezou a secarse, Sauber tiña mellor ritmo que os Ferrari e Pérez acurtou a vantaxe de Alonso de sete segundos a apenas medio segundo. Pero Alonso mantivo a primeira posición, finalmente Pérez cometeu un erro, o que deixouno a máis de cinco segundos por detrás de Alonso. Non houbo tempo suficiente para collelo de novo, e Alonso gañou a carreira, a primeira para o novo F2012. En China, o F2012 seguia tendo unha diferenza similar cos coches máis rápidos na clasificación, Alonso foi noveno e Massa duodécimo. Na carreira, Alonso volveu mostrar a súa habilidade e tivo a oportunidade de loitar polo cuarto posto, pero a causa da falta de ritmo nas voltas finais da carreira, Alonso saíuse da pista ao intentar adiantar, no medio dunha curva, a un piloto que ía diante, e rematou noveno no final da carreira. Massa terminou 14º. En España, Alonso marcara o mellor tempo na primeira práctica do venres, e orixinalmente clasificouse en terceiro lugar, a menos de 0´6 segundos por detrás de Hamilton e a menos de 0´02 segundos por detrás de Maldonado que foi segundo. Con todo, Alonso pasou a segundo na grella despois de que Hamilton fora excluído da clasificación. Pola contra, o brasileiro Felipe Massa clasificou 16º. Na carreira Alonso logrou unha boa saída e lideraba logo da segunda curva, pero unha variedade de factores, entre eles o tráfico e a acelerada degradación dos pneumáticos fixo que finalmente terminara segundo detrás de Maldonado, por menos de catro segundos. Massa terminou a carreira 15º. En Mónaco, entraron os dous coches na Q3 por primeira vez durante todo a tempada, con Alonso sexto, 0´6 segundos por detrás do gañador da pole Michael Schumacher, con Massa a menos de 0´2 segundos por detrás de Alonso no sétimo lugar, con todo, Alonso subiu ao quinto lugar logo da penalización de Schumacher de 5 postos na grella. Na carreira, ambos os coches mostraron un bo ritmo, con Alonso con ritmo para loitar polo liderado e Massa buscando un ritmo similar a Alonso. Alonso terminou en 3º lugar, 0´947 segundos por detrás do gañador da carreira Mark Webber e Massa sexto, a menos de 6´2 segundos detrás do gañador da carreira Webber. As posicións do campionato logo desta carreira demostran que Ferrari está no cuarto lugar detrás de Lotus, e Alonso recuperou o liderado do campionato, 3 puntos por diante dos dous pilotos de Red Bull e 10 puntos por diante de Lewis Hamilton cuarto.

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...

* Tempada en curso.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads