Gran Premio de Singapur de 2012

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Gran Premio de Singapur de 2012, formalmente 2012 Formula 1 SingTel Singapore Grand Prix, foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 23 de setembro de 2012 no Circuíto urbano de Marina Bay de Singapur. Foi a décima cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de 2012.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...
Remove ads

Informe

Datos

Logo de non poder competir en Italia dúas semanas antes, debido a unha prohibición dunha carreira que recibiu por causar unha colisión grave en Bélxica,[1] Romain Grosjean volveu ao asento do piloto, de novo no Lotus F1 para a carreira en Singapur.[2]

No circuíto de Mariña Bay en Singapur, Ma Qinghua unha vez máis pilotou o coche de Narain Karthikeyan na primeira sesión libre,[3] como o fixo durante os adestramentos libres do Gran Premio de Italia en Monza.[4]

Carreira

Thumb
Día 2

Hamilton liderou desde a 1ª volta Maldonado caeu a 4º, Vettel e Button adiantaron as posicións 2ª e 3ª, respectivamente.

Na volta 23, a caixa de cambios de Hamilton fallou o que lle obrigou a retirarse permitindo a Vettel a tomar o 1º posto que mantivo ata o final da carreira. Foi a segunda retirada por causas mecánicas para o británico.

Na volta 30, Karthikeyan estrelouse na curva 16 facendo ondear as bandeiras amarelas e que saíra o coche de seguridade. Maldonado retirouse con problemas hidráulicos antes de que entrara o coche de seguridade. 2 voltas máis tarde, Schumacher chocou con Vergne, Schumacher non freou correctamente, e en consecuencia estrelouse contra a parte traseira do Toro Rosso de Vergne, provocando a súa retirada. Despois do accidente, Michael Schumacher saíu do seu coche e achegouse a pedir desculpas a Vergne.

Paul di Resta logrou manter piloto de Mercedes Nico Rosberg baixo control a lograr a súa mellor carreira acabando 4º, gañando dous lugares no campionato de pilotos subindo a 11º posición.

A carreira terminou dúas voltas antes das previstas porque alcanzouse o límite máximo de dúas horas, a primeira vez que pasa desde que o Gran Premio de Mónaco de 2008

Post carreira

Logo da carreira, os comisarios sancionaron a Michael Schumacher cunha penalización de dez posicións na seguinte carreira en Suzuka, despois de que se estrelara contra Jean-Eric Vergne e fíxolles retirarse. Esta sanción aplicarase de conformidade co artigo 16.1 dos Regulamentos Deportivos da Fórmula Un da FIA. Mark Webber tamén foi degradado un lugar, perdendo a 10ª posición e o punto, debido a un movemento que, a xuízo da FIA foi vantaxoso, xa que deu lugar a unha vantaxe inxusta.

Remove ads

Clasificación

Cualificación

Máis información Pos., No. ...

Notas:

Carreira

Máis información Pos, Nº ...

Posicións logo da carreira

Máis información Pos., Piloto ...
  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads