Fez

From Wikipedia, the free encyclopedia

Fezmap
Remove ads

Fez[1][2] (فـاس [Fās], en árabe, Fès en francés) é a terceira cidade de Marrocos, despois de Casablanca e Rabat. Segundo o censo de 2014 a cidade conta cunha poboación de 1 112 072 habitantes.

Datos rápidos Localización, Capital de ...

A cidade de Fez é a capital do islam en Marrocos, da rexión de Fez-Bulmán e da prefectura de Fez. Sita na rexión antigamente chamada Hispania Nova.

Xunto a Marrakech, Mequinez e Rabat conforma parte das cidades imperiais. É considerada como o centro relixioso e cultural de Marrocos. A súa universidade, famosa polo estudo do árabe e da relixión, convértena nun punto de paso para gran número de estudantes marroquís.

A cidade está dividida en tres zonas, Fez el-Bali, a zona antiga, dentro das murallas, Fès el-Jdid, a zona nova, onde está a Mellah, o barrio xudeu, e a Ville Nouvelle (Vila Nova), a zona francesa no noroeste da cidade. A medina de Fez el-Bali, a maior das dúas da cidade, é a maior zona peonil do mundo, e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1981.

Remove ads

Monumentos, edificios representativos e lugares de interese

Thumb
Vista de Fez.
Thumb
Palacio real de Fez.

A medina é Patrimonio da Humanidade desde 1981.[3]

  • Mesquita de El-Qaraouiyyîn
  • Museo del palacio Batha
  • Madraza de Bou Inania
  • Mesquita de Ech-Cherabliyyîn
  • Museo Nejjarîn
  • Madraza de El-Attarîn
  • Mesquita dos andaluces
  • Madraza de Es-Sahrij
  • Fortaleza Norte
  • As Tumbas Merínidas
  • Fez el Bali (medina medieval da cidade)
  • Fez el Jedid (nova medina de Fez)
  • A Mellah

Cidades irmás

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads