Fiddle

intrumento de corda From Wikipedia, the free encyclopedia

Fiddle
Remove ads

O termo fiddle ('Curvo', en galego) utilízase para referirse a calquera instrumento musical que se toque cun arco, incluído o violín, é unha expresión coloquial empregada para os instrumentos que usan os músicos en todos os xéneros, incluso a música clásica. A palabra fiddle tamén se usa a miúdo para referirse ao violín na música tradicional irlandesa, británica, klezmer e xitana.

Datos rápidos
Remove ads

Orixe do termo

A etimoloxía do termo violín non é precisa, e pode ser unha derivación da mesma palabra para violín, orixinaria das linguas románicas primitivas, ou podería ser, nativamente, de orixe xermánica.

Thumb
Monumento "Big Fiddle of the Céilidh" en Nova Escocia, Canadá.

A primeira vez que se coñeceu o uso do substantivo "fiddle" foi no período do inglés medio. A evidencia máis antiga do termo no Oxford English Dictionary é de arredor de 1275, nos escritos do poeta Laȝamon.[1]

En inglés existe a expresión "fit as a fiddle", que hoxe se traduciría literalmente como "en forma como un fiddle", aínda que en orixe se refería máis a suitable ("axeitado").[2]

Historicamente, o termo fiddle tamén se refire a un predecesor do violín moderno. Como o violín actual, adoitaba ter catro cordas, pero tiña unha variedade de formas e tamaños.

Outra familia de instrumentos que contribuíron ao desenvolvemento do violín moderno son as violas da gamba, que se suxeitan entre as pernas e se tocan verticalmente, coma os contrabaixos e violoncellos, e teñen trastes.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads