Fillos de Breogán

equipo galego de fútbol gaélico From Wikipedia, the free encyclopedia

Fillos de Breogán
Remove ads

Fillos de Breogán (tamén coñecido oficialmente como A Coruña Gaelic Athletic Association ou A Coruña GAA) é un equipo de fútbol gaélico da cidade da Coruña. Fundado en 2010 por iniciativa de Wenceslao García (Wences), os Fillos de Breogán é o primeiro equipo de fútbol gaélico de Galiza e compite no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico e na Liga Galega de Fútbol Gaélico. Xoga os seus encontros no campo da Torre da cidade herculina.

Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...
Remove ads

Historia

En 2011 disputou por vez primeira a Liga Ibérica de fútbol gaélico, na 7ª edición desta competición nacional de afeccionados, acadando só 1 vitoria en 17 encontros.[1]

O 4 de setembro de 2011 ano xogou na Cidade Deportiva Municipal da Torre a primeira Copa Breogán fronte a un equipo filial doo Nemo Rangers GAA de Cork, o equipo máis laureado da modalidade. O equipo irlandés conseguiu a vitoria logo de superar nun partido moi igualado ao cadro galego por 30-26.[2]

O club e a cidade da Coruña foron anfitrións na tempada 2012 dun torneo correspondente ó campionato nacional de liga por vez primeira chegando a disputar a final logo de derrotar ó vencedor final da liga, Madrid Harps, e resultando subcampións do Torneo da Coruña e terceiros na Liga Ibérica.[3]

En 2021 o equipo masculino conseguiu o seu primeiro título da Liga Galega en solitario logo de impoñerse con claridade ao Keltoi en Vigo por 16-27 nunha final de liga que dominou dende o inicio do partido.[4] Uns meses despois o Fillos de Breogán materializou o seu primeiro dobrete logo de gañar tamén a Copa All-Galicia. Na Copa All-Galicia disputada en Lalín, o cadro herculino superou nas semifinais o Keltoi, mentres que na final derrotou o Estrela Vermelha logo de impoñer o seu ritmo ante un cadro compostelán que propuxo un partido moi conservador debido ás baixas coas que contaba.[5]

No outono de 2022 a cidade da Coruña acolleu as finais do Campionato Paneuropeo, tanto nas categorías "sénior" como nas "intermediate" A e B, tanto en categoría masculina como feminina.[6] Con todo, os equipos coruñeses tiveron que conformarse co subcampionato masculino na categoría "intermediate" e a semifinal feminina na mesma categoría, nun evento que levou á cidade herculina a máis de 400 deportistas procedentes de dez países diferentes.[7]

Os coruñeses seguiron colleitando éxitos na tempada 2021-22, cando chegou o terceiro título galego consecutivo logo de impoñerse por 6-16 / 4-24 na final disputada en Vigo ao conxunto local do Keltoi. Se ben os Fillos de Breogán precisaban empatar ou perder por menos de tres puntos, finalmente conseguiron impoñerse nun partido no se foron ao descanso con 11 puntos de desvantaxe que conseguiron remontar no segundo tempo grazas ao traballo realizado en defensa.[8]

O 16 de marzo de 2024 os Fillos de Breogán conseguiron o seu quinto título da Liga Galega no campo Arsenio Iglesias[a] logo de vencer por 44-14 ao Estrela Vermelha nun partido retransmitido en directo pola TVG. Con este triunfo, o cadro herculino empatou co compostelán na cabeza dos equipos máis laureados da liga con cinco.[11]

Remove ads

Identidade do equipo

Nome

Malia que o nome oficial para os efectos de rexistro na Asociación Atlética Gaélica (GAA) é A Coruña Gaelic Athletic Association ou A Coruña GAA abreviado, o equipo é máis coñecido polo alcume Fillos de Breogán, nome que saíu dunha votación realizada na páxina web do equipo realizada durante o mes de xullo do 2010 e na que foi elixido co 24,63% dos votos (un total de 33 votos). Outras propostas para o nome do equipo foron:[12]

Máis información Nome, Nº de votos ...

O nome de Fillos de Breogán ten moita relación con Galiza, Irlanda e a cidade da Coruña (onde a lenda conta que estaba situada a torre dende a cal Ite divisou as costas irlandesas segundo o Lebor Gabála Érenn ou Libro das conquistas de Irlanda en galego).[12]

Escudo e cores

Thumb
Fillos de Breogán, Copa Galicia 2023.

O escudo ten fondo branco e sobre el unha franxa diagonal de cor azul que representa ás bandeiras da provincia marítima da Coruña e á bandeira de Galicia, sobre ela, un cranio e dúas tibias que representan a Xerión, o xigante que matou Hércules (segundo conta a mitoloxía grega) e que soterrou debaixo de onde logo se erguería a Torre de Hércules na Coruña. As dúas tibias e o cranio tamén representan ao fillo de Breogán Ite morto que, coa posterior vinganza do neto de Breogán e sobriño de Ith Mil, permitiu a ligazón lendaria entre Irlanda e Galiza. Finalmente, baixo o cranio e as dúas tibias encóntrase un balón de fútbol gaélico.[12]

As cores do equipo son o azul, o branco e o negro. O azul e o branco representan ás bandeiras de Galiza e da provincia marítima da Coruña. O negro, como elemento diferenciador e pola relación coa morte de Xerión e Ith. O equipamento do equipo, tamén decidido por votación, consta de pantalón azul e camiseta a raias horizontais azuis e brancas.[12]

Remove ads

Fillas de Breogán

Artigo principal: Fillas de Breogán.
Thumb
O equipo das Fillas de Breogán coa copa do Torneo Paneuropeo en 2019.

Fillas de Breogán o nome co que se coñece ao equipo feminino de fútbol gaélico do Fillos de Breogán. Foi fundado, como o equipo masculino, en 2010, sendo igualmente pioneiro do fútbol gaélico feminino en Galicia.[13] No seu comezo non podían competir no campionato ibérico feminino pola falta de xogadoras nas súas filas. No ano 2012 incrementáronse o número de xogadoras e comezaron a disputa-los seus primeiros torneos acadando o terceiro posto no Torneo da Coruña da Liga Ibérica de Fútbol Gaélico feminina.

O equipo conquistou dos Campionatos Paneuropeos, o primeiros deles en categoría "Intermediate" en Viena (Austria) en 2019,[13] mentres que o segundo título continental chegou en 2024 na cidade francesa de Lyon logo de derrotar na final ao Nantes.[14]

Palmarés

Masculino
Feminino

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads