Finding Nemo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Finding Nemo
Remove ads

Finding Nemo é un filme estadounidense de animación dixital da compañía Pixar Animation Studios do ano 2003, gañador dun Oscar ó mellor filme de animación entre moitos outros premios. Estreouse nos Estados Unidos o 30 de maio de 2003. O guión baséase nun argumento de Andrew Stanton.

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Sinopse

Nemo é un pequeno peixe pallaso, o único fillo que lle quedou a Marlin despois de que unha barracuda atacase a anemone onde vivía e acabase coa súa parella e con case toda a súa prole. A partir deste acontecemento, Marlin encárgase de coidar o seu fillo de forma esaxeradamente protectora, o que dá lugar a que Nemo se rebele e emprenda unha aventura aproveitando unha excursión do colexio. Nemo, no seu afán de amosar a súa valentía e capacidade de desenvolverse a pesar de ter unha aleta atrofiada, é atrapado por un mergullador cunha rede e acaba no acuario dun dentista na cidade de Sidney para ser o agasallo da sobriña do doutor, Dala.

Desde entón o seu pai emprende unha longa procura para dar con pistas que lle leven a recuperar ó fillo. No camiño úneselle un peixe de pouca memoria chamado Dory. Os dous xuntos teñen que enfrontarse a multitude de problemas entre os que se atopan as quenllas vexetarianas, as medusas, unha balea, coa cal falan en "Cetáceo", e as gaivotas. Durante a súa viaxe tamén reciben a axuda doutros personaxes entre os que se atopan as simpáticas tartarugas.

Mentres, Nemo establece unha grande amizade cos peixes que habitan dentro do acuario e xuntos urden un plan para escapar e regresar ó mar.

Remove ads

Personaxes

  • Albert Brooks como Marlin
  • Ellen DeGeneres como Dory
  • Alexander Gould como Nemo
  • Willem Dafoe como Gill
  • Brad Garrett como Bloat
  • Allison Janney como Peach
  • Austin Pendleton como Gurgle
  • Stephen Root como Bubbles
  • Vicki Lewis como Deb
  • Joe Ranft como Jacques
  • Geoffrey Rush como Nigel
  • John Ratzenberger como o Moonfish da escola
  • Andrew Stanton como Crush
  • Nicholas Bird como Squirt
  • Bob Peterson como Mr. Ray
  • Barry Humphries como Bruce
  • Eric Bana como Anchor
  • Bruce Spence como Chum
  • Jordy Ranft como Tad
  • Erica Beck como Pearl
  • Erik Per Sullivan como Sheldon
  • Bill Hunter como Dr. Philip Sherman
  • LuLu Ebeling como Darla
  • Elizabeth Perkins como Coral
  • Rove McManus como Cangrexo araña
Remove ads

Secuela

En 2016 foi feito outro filme de animación por ordenador continuando a historia de Nemo e Dory, protagonizado polas mesmas voces voces de Ellen DeGeneres e Albert Brooks, titulado Finding Dory. Tamén foi producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures, igualmente dirixido e coescrito por Andrew Stanton, codirixido por Angus MacLane[1][2] e coescrito por Victoria Strouse.[3] O filme conta con novos personaxes, coas voces de Diane Keaton e Eugene Levy.[4][5]

Galardóns

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads