Flavobacterium
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Flavobacterium é un xénero de bacterias gramnegativas, con forma de bacilo con especies móbiles e non móbiles, que consta de 130 especies recoñecidas (http://www.bacterio.net/flavobacterium.html),[1] e de 3 especies novas propostas (F. gondwanense,[2] F. salegens,[2] e F. scophthalmum[3]). As flavobacterias atópanse no solo e auga doce en diversos ambientes. Varias especies causan doenzas en peixes de auga doce.[4]
Flavobacterium psychrophilum causa doenzas na troita arco da vella e outros salmónidos. Flavobacterium columnare causa unha enfermidade en peixes de auga doce, como os siluriformes. Flavobacterium branchiophilum causa nas troitas unha enfermidade nas branquias.
A especie tipo do xénero é Flavobacterium aquatile (Frankland e Frankland 1889) Bergey et al. 1923. O nome do xénero significa "bacteria amarela".[5]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads