Fontecelta
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Fontecelta é unha empresa galega adicada ao envasado de auga mineral natural situada no concello de Sarria (Lugo).
Remove ads
Historia
A planta de Fontecelta está situada no val que forman os ríos Neira e Sarria, na localidade de Céltigos, no concello de Sarria. Atópase no lugar dun antigo balneario que desapareceu na década de 1960.
En 1903 a auga do manancial foi declarada de utilidade pública e en 1928 foi declarada auga mineiro-medicinal polas súas propiedades. Na década de 1950 comeza o envasado e comercialización da auga Fontecelta, unha auga mineral natural con mineralización débil. Na actualidade, as instalacións ampliáronse en 8 000 metros cadrados, chegando a un total de 15 000.[1] A empresa foi propiedade de Rumasa, despois de Corporación Noroeste e logo do expresidente do Celta de Vigo, Horacio Gómez.[2]
Fontecelta envasa aproximadamente o 2% da auga producida en España, uns 110 millóns de litros cada ano.[3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads