Forcis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Forcis
Remove ads

Forcis (ou Forco) foi unha das divindades mariñas da segunda xeración divina, fillo de Xea (a Terra) e Ponto (o Mar, as Ondas) [1] [2]. Outros fillos de Xea e Ponto foron Ceto (un monstro acuático), Nereo (o pai das Nereidas), Taumante (pai das Harpías) e Euribia. Como Nereo e Proteo, Forcis considérase un dos Vellos do Mar.

Datos rápidos Tipo, Venerado por ...

Casou coa súa irmá Ceto, e tiveron numerosos fillos, de carácter monstruoso: as Graias (ou Fórcides, personificación da vellez eterna), as Gorgonas, Equidna, as tres Hespérides e mais a serpe ou dragón que coidaba das mazás do Xardín das Hespérides (Ladón [3]). Algunhas tradicións tamén os fan pais do monstro mariño Escila, e a Forcis coa musa Terpsícore, das sereas, que tradicionalmente se consideran fillas do deus-río Aqueloo.

"Ceto procreou con Forcis as Graias, de fermosas meixelas, canas desde o seu nacemento; ... ás Gorgonas, que habitan ó outro lado do famoso Océano, no límite da noite, onda as Hespérides, de harmoniosa voz, Esteno, Euríala e a desventurada Medusa; ... nunha cova procreou outro monstro extraordinario,... a divina Equidna, metade moza de fermosas meixelas e vivos ollos, metade terrible serpe monstruosa; ... en unión amorosa con Forcis procreou por último unha terrible serpe que nos extremos confíns nunhas grutas de terra sombriza, vixía mazás completamente de ouro".
(Hesíodo: Teogonía 270-336)

Existe unha lenda romana, que recolle Varrón, segundo a cal Forcis sería un antigo rei de Córsega e Sardeña que morreu loitando contra Atlas. Botárono ó mar e foi posteriormente divinizado.

Remove ads

Iconografía

Forcis representábase como un home robusto, de longas barbas, rodeado de animais mariños. Tamén como un tritón, con cola de peixe e patas en forma de pinzas de cangrexo, e coa pel vermella e espigada. O seu atributo era un facho.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads