Foxa das Marianas

foxa mariña From Wikipedia, the free encyclopedia

Foxa das Marianasmap
Remove ads

A foxa das Marianas ou fosa das Marianas[1] é a máis profunda foxa mariña coñecida, e é o lugar máis profundo da codia terrestre. Localízase no fondo do Pacífico norte-occidental, ao leste e sur das Illas Marianas, preto de Guam.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Remove ads

Exploración

A foxa foi visitada por primeira vez en 1951 pola fragata da Mariña Real Británica o Challenger, que dá o nome á parte máis profunda da foxa, o Abismo de Challenger. Usando ecolocalización, mediuse unha profundidade de 10.902 m nos 11°19′N 142°15′L.

En 1957, a nave soviética Vityaz reportou unha profundidade de 10934 metros. En 1962, o M.V. Spencer F. Baird rexistrou unha profundidade de 10.902 metros.

Thumb
O batiscafo Trieste antes da inmersión, 23 de xaneiro de 1960.

Pero non foi senón ata o 23 de xaneiro de 1960, que se descendeu por primeira e única vez, usando un batiscafo chamado Trieste invención de Auguste Piccard, o cal era capitaneado por Jacques Piccard, fillo do primeiro, para dese xeito superar os efectos da gran presión que existe a devanditas profundidades. Os sistemas de a bordo indicaban unha profundidade de 11.521 m, que despois foi revisada e resultou ser de 10.902 metros[2].

Na foxa atopáronse unha lura xigante e varias especies descoñecidas entón.

A presión no fondo da foxa é de 1.086 bares.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads