Fraataces
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Fraates V, máis coñecido polo seu diminutivo Fraataces, foi o rei do Imperio parto entre os anos 2 a C. 4.[1] Era o fillo pequeno de Fraates IV. Nalgunhas moedas represéntase asociado á súa nai Musa. Subiu ao trono tras esta envelenar a Fraates IV.
Remove ads
Traxectoria
Baixo o seu reinado tratou de romper a supremacía de Roma sobre Armenia e Media, pero cando Augusto enviou ao seu fillo adoptivo Caio César con orde de invadir Partia, Fraataces prefiriu concluír un tratado no ano 1, polo cal recoñecía, de novo, a Armenia como parte da esfera romana.
Pouco despois, sobre o ano 4, Fraataces e súa nai foron asasinados. Segundo Flavio Xosefo, Fraataces casara con súa nai, o que fora considerado inaceptable polos partos, que se rebelaron e o derrocaron, pasando logo a coroa a Orodes III.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
