Francisco Lloréns

pintor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Francisco Lloréns
Remove ads

Francisco Lloréns Díaz, nado na Coruña o 10 de abril de 1874 e finado en Madrid o 11 de febreiro de 1948, foi un pintor paisaxista galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Foi o menor de tres irmáns, fillo de industrial catalán e nai galega. Estudou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi alumno de Román Navarro. En 1892 trasladouse á Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde tivo como profesor ao belga Carlos de Haes. Copiou obras de Velázquez, Murillo e Rubens, completando a formación, dende 1893, no taller de Joaquín Sorolla, de quen aprendeu a paixón pola luz na paisaxe. Alí coñeceu a outros pintores como Josep Benlliure i Gil ou Manuel Benedito Vives.

En 1902 viaxou de bolseiro a Roma, pasando por Barcelona, onde coñeceu a Ramon Casas, Santiago Rusiñol, Antoni Gaudí e Enric Galwey. Na capital de Italia residiu catro anos e publicou as súas impresións no xornal coruñés El Noroeste, asinando Sor Checco.

En 1903 percorreu París (onde quedou seducido por Paul Cézanne e o impresionismo) os Países Baixos e Bruxas, onde residiu preto dun ano antes de tornar a Italia e, en 1906 á Coruña, onde asistía con frecuencia aos faladoiros da súa amiga Emilia Pardo Bazán no pazo de Meirás.

Exerceu con mestría o cartelismo. Foi membro do Sporting Club Casino e chegou a facer propaganda para o Deportivo da Coruña, tomando como modelos as damas da alta sociedade.

En 1943 foi nomeado académico numerario da Real Academia de San Fernando e catedrático de paisaxe. Dedicáronlle artigos Wenceslao Fernández Flórez e Ramón Cabanillas, e foi designado académico de honra da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e membro correspondente da Real Academia Galega.[1]

Poden contemplarse obras súas, entre outros, no Museo de Belas Artes da Coruña, na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego e no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.

Remove ads

Vida persoal

Casou en 1918 con Eva Rodríguez, de quen enviuvou en 1925, quedando con dúas fillas, unha delas Eva Lloréns Rodríguez.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads