Franz Steindachner

From Wikipedia, the free encyclopedia

Franz Steindachner
Remove ads

Franz Steindachner, nado o 11 de novembro de 1834 wn Viena e finado o 10 de decembro de 1919 na mesma cidade, foi un zoólogo austríaco que destacou en ictioloxía e en herpetoloxía, xa que publicou máis de 200 artigos sobre peixes e máis de 50 sobre réptiles e anfibios,[1] e describiu centos de novas especies de peixes e moitas outras de novos anfibios e réptiles.[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Interesado na historia natural, Steindachner comezou dedicándose ao estudo dos peixes fósiles por recomendación do seu amigo Eduard Suess (1831-1914).

En 1860 foi designado director da colección de peixes do Naturhistorisches Museum (Museo de Historia Natural) de Viena, posto que permanecía vacante dende a morte de Johann Jakob Heckel (1790-1857).

A reputación de Steindachner como ictiólogo foi medrando e, en 1868, foi convidado por Louis Agassiz (1807-1873) a desempeñar un posto no Museo de Zooloxía Comparada da universidade de Harvard. Steindachner participou na expedición de Hassler de 1871-1872 (unha viaxe que circunnavegou Suramérica, partindo de Boston e que rermatou en San Francisco).

En 1874 regresou a Viena e, en 1887, foi nomeado director do Departamento de Zooloxía do Museo de Historia Natural de Viena e, en 1898 foi ascendido a director do mesmo.

Steindachner realizou numerosas viaxes de investigación durante toda a súa carreira, visitando a Península Ibérica, as illas Canarias, o mar Vermello, o Senegal, América Latina e moitos outros lugares.

Steindachner deu fama e categoría de primeiro nivel á colección do Museo de Historia Natural de Viena. Dita colección foi ampliada a partir de envíos que lle facían os oficiais do exército austríaco, e por adquisicións do propio Steindachner.

Remove ads

Algunhas publicacións

Entre as súas obras máis coñecidas están:

  • 1863. Ichthyologische Notizen, da que se publicaron 8 edicións.
  • 1874. Ichthyologische Beiträge
  • 1879. Beitäge zur Kenntniss der Flussfische Südamerikas.
  • 1901. Geschichte des Zoologie in Österreich von 1850 bis 1900.

Honores

  • En 1875 foi nomeado membro da Academia de Ciencias de Viena.
  • En 1892 foi nomeado membro da Academia Alemá de Ciencias Leopoldina.

Eponimia

  • Steindachneridion, xénero de peixe de Suramérica descuberto por Steindachner.[3]
  • Steindachnerina, xénero de peixe de Suramérica descuberto por Steindachner.[4]

Abreviatura

A abreviatura Steindachner emprégase para indicar a Franz Steindachner como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads