Fred Wacker
piloto de automobilismo estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Frederick G. Wacker Jr., nado en Chicago o 10 de xullo de 1918 e finado en Lake Bluff o 16 de xuño de 1998, foi un enxeñeiro e empresario estadounidense. Tamén foi un destacado membro da alta sociedade de Chicago, músico de jazz e piloto de automobilismo. Participou en cinco carreiras do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutando o 21 de xuño de 1953. Non conseguiu puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras fora do campionato da Fórmula Un.
Remove ads
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Remove ads
Traxectoria
Wacker era neto de Charles H. Wacker, o primeiro presidente da Chicago Plan Commission e do home por quen é nomeado o Wacker Drive en Chicago. Frecuentou The Hotchkiss School e a Universidade Yale. Traballou con AC Spark Plug antes de ingresar na Armada dos Estados Unidos.[1]
Wacker viuse involucrado nun accidente mortal durante a segunda volta do Gran Premio de Watkins Glen, que no seu momento era un circuíto urbano. Mentres se preparaba para dar un xiro á dereita, o seu Allard J2 acercouse perigosamente a un Cunningham pilotado por John Fitch, e os dous pilotos se desviaron para evitar unha colisión. A parte traseira do Allard saíu lixeiramente cara á esquerda e atropelou a multitude de espectadores sentados na beirarrúa ao largo do circuíto. Dez persoas resultaron feridas e un rapaz de 7 anos morreu. A traxedia causou o final das carreiras en Glen e noutros lugares dos Estados Unidos.[2]
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads