Fuad Tual
Arcebispo católico latino palestino, patriarca de Xerusalén From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Fuad Tual[1][2] (en árabe فؤاد طوال), nado o 23 de outubro de 1940 en Madaba (Xordania),[3] é un arcebispo católico latino palestino, patriarca de Xerusalén dende xuño de 2008 até xuño de 2016. Tual foi tamén o Gran Prior da Orde do Santo Sepulcro, e exerceu de Presidente da Asemblea de Ordinarios Católicos da Terra Santa.
Remove ads
Traxectoria
Foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1966,[3] e seguidamente foi vigairo de Ramalla. En 1972 entrou na Pontificia Universidade Lateranense para realizar estudos en Dereito Canónico, conseguindo o doutoramento en 1975.[4] Foi nomeado prelado da prelatura territorial de Tunes polo papa Xoán Paulo II o 30 de maio de 1992. Foi consagrado bispo o 22 de xullo dese ano polo patriarca Mixail Saba.[3] O 31 de maio de 1995, a prelatura territorial foi elevada a diocese,[5] e Tual foi nomeado arcebispo ad personam. En 2005, o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo coadxutor de Xerusalén. Sucedeu a Mixail Saba como patriarca o 21 de xuño de 2008[3] e foi entronizado na basílica do Santo Sepulcro da devandita cidade ao día seguinte.[6]
O 29 de xuño de 2008, Fuad Tual recibiu o palio das mans de Bieito XVI nunha misa na basílica de San Pedro.[4] O 7 de marzo de 2009 Bieito XVI nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[7]
O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco confirmouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[8]
Remove ads
Galería
- O patriarca Twal, no 2009
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads