G20
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Grupo dos 20, coñecido habitualmente como G20 ou G-20, é un foro de 19 estados, máis a Unión Europea, onde se reúnen regularmente, dende 1999, xefes de Estado, gobernadores de bancos centrais e ministros de finanzas. Está constituído por sete dos países máis industrializados -Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, o Reino Unido e o Xapón (G7), máis Rusia (G8), máis once países recentemente industrializados de todas as rexións do mundo, así como a Unión Europea. Dende 2009, o G20 desprazou ao G8 e ao G8+5 como foro de discusión da economía mundial.[1]
Remove ads
Función
É un foro de cooperación e consultas entre os países en temas relacionados co sistema financeiro internacional. Estuda, revisa e promove discusións sobre temas relacionados cos países industrializados e as economías emerxentes, co obxectivo de manter a estabilidade financeira internacional, e de encargarse de temas que estean máis aló do ámbito de acción doutras organizacións de menor xerarquía.
Remove ads
Historia
O Grupo dos Vinte (G20) de Ministros de Finanzas e Gobernadores de bancos centrais estabeleceuse en 1999, para reunir ás economías industrializadas e en desenvolvemento máis relevantes e debater cuestións clave na economía mundial. A conferencia inaugural do G20 levouse a cabo en Berlín do 15 ao 16 de decembro de 1999, organizada polos ministros de finanzas de Alemaña e o Canadá.[2]
O Cume de Washington celebrado o 15 de novembro de 2008 na capital estadounidense, é considerado como unha das reunións máis importantes do G20, xa que tratou da reforma do sistema financeiro mundial. Foi proposto pola Unión Europea e organizado polos Estados Unidos. O 2 de abril de 2009 celebrouse o chamado Cume de Londres. En setembro de 2009 tivo lugar a reunión de Pittsburgh, Estados Unidos, onde formalmente se decidiu que o G-20 substituíse ao G8 ou ao G8+5 de aí en diante no concernente aos plans de desenvolvemento mundial en conxunto. O 26 de xuño de 2010 celebrouse o cuarto cume do G-20 de Toronto, Canadá. A conferencia do G-20 en Seúl, Corea do Sur, tivo lugar en novembro de 2010. Dende ese ano, o número de invitados sería de cinco.
Remove ads
Membros
Remove ads
Galería
- 2ª Cume do G20 realizada en Londres, Reino Unido
- 3ª Cume do G20 realizada en Pittsburgh, Estados Unidos
- 5ª Cume do G20 realizada en Seúl, Corea do Sur
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
