Guanosín monofosfato

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Guanosín monofosfato
Remove ads

O guanosín monofosfato, tamén chamado monofosfato de guanosina, ácido guanílico ou ácido 5'-guanílico, abreviado como GMP, é un nucleótido que forma parte do ARN. É un éster en posición 5' do ácido fosfórico co nucleósido guanosina. O GMP consta do azucre ribosa unido por enlace N-glicosídico á base nitroxenada guanina e un fosfato.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...

Como grupo substituínte desígnase co prefixo guanilil-. Os seus sales chámanse guanilatos

A súa función biolóxica principal é ser un dos catro nucleótidos que forman parte do ARN, xunto co CMP, UMP e AMP.

En modelos experimentais úsase o análogo da glutamina DON como inhibidor da síntese de GMP.[1]

Remove ads

Usos

O guanosín monofosfato en forma de sales que se utilizan como aditivo alimentario. Estes sales son o guanilato disódico (E627), guanilato dipotásico (E628) e guanilato cálcico (E629), que son potenciadores do sabor que dan sabor umami, un dos sabores básicos.[2]. Xeralmente úsanse xunto con inosinato disódico; a combinación de ambos chámase disodio 5'-ribonucleótido. O guanilato disódico atópase con frecuencia como aditivo en fideos instantáneos, patatas fritidas e outros aperitivos, arroz saborizado, vexetais en conserva, carnes curadas, e sobres de sopa.

Como é un aditivo bastante caro é raro que se use só ; normalmente úsase xunto con ácido glutámico ou glutamato monosódico (MSG), que tamén contribúen ao sabor umami. Se non aparece o ácido glutámico nunha lista de ingredientes dun alimento na que hai guanilatos ou inosinatos é probablemente porque o ácido glutámico xa forma parte doutro compoñente do alimento, como complexos de proteína de soia procesados (proteína de soia hidrolizada), lévedos autolisados ou prebe de soia.

Remove ads

Véxase tamén

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads