Gaels

falantes das linguas célticas gaélicas From Wikipedia, the free encyclopedia

Gaels
Remove ads

Gaels (á veces designados por Goidels ou Goidélicos, por Goídel Glas) é un termo que designa aos falantes das linguas célticas gaélicas: irlandés, gaélico escocés e lingua manx.[1]

Datos rápidos Identificadores, Freebase ...
Thumb
Illas Británicas no século V d.C., entre a saída dos Romanos de Gran Bretaña e a fundación dos reinos anglosaxóns.      Área con falantes de linguas gaélicas.      Área con falantes de linguas pictas.      Área con falantes de linguas britónicas.
Remove ads

Sociolingüística

O dialecto gaélico ten orixe en Irlanda, tendo rapidamente unha expansión cara ao oeste e o norte de Escocia e á Illa de Man. Actualmente, como as linguas gaélicas foron significativamente substituídas polo inglés, o termo Gael tamén é empregado polos irlandeses ou polos celtas escoceses, independentemente da súa lingua.

As linguas gaélicas son unha das dúas vertentes das linguas célticas insulares, sendo o outro o das linguas britónicas.

Thumb
Escota (Scota, esquerda) con Catelus (Catelo ou Goidel Glas, dereita) viaxando desde Exipto, como se representa nun manuscrito do Scotichronicon do século XV de Walter Bower
Remove ads

Mitoloxía

Na súa épica nacional contida en obras medievais como o Lebor Gabála Érenn, os gaels remontan a súa orixe a un antepasado homónimo chamado Catelo ou Goídel Glas. É descrito como un príncipe escita (neto de Fénius Farsaid e fillo da exipcia Scota), considerado o creador das linguas gaélicas. Segundo esa lenda, os gaélicos viaxaron durante centos de anos, atravesaronn Exipto, Creta, Escita, o Mar Caspio e o Norte de África, antes de chegaren á Península Ibérica, onde o seu rei, Breogán, fundou Brigantia no Noroeste da Península.

Dise entón que os gaélicos navegaron á illa de Irlanda desde Galiza como milesianos, fillos de Míl Espáine. Levan a cabo unha batalla de feiticería contra os Tuatha Dé Danann, os semideuses que habitaban Irlanda naquel momento. Ériu, unha deusa da terra, prometeu aos gaels que a illa sería deles sempre que lle rendan homenaxe. Concordan, e o seu bardo e druída Amergin recita un encantamento coñecido como "Canción de Amergin". Os dous grupos acordan dividir Irlanda entre eles: os gaels ocuparán o mundo exterior mentres que os Tuatha ocuparán o Outro mundo.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads