Zapata (peixe)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A zapata[2] (Galeus melastomus) é unha especie de elasmobranquio da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes), familia dos esciliorrínidos (Scyliorhinidae), común no nordeste do océano Atlántico, desde Islandia até o Senegal, incluíndo o mar Mediterráneo.[3]
Remove ads
Características
- Corpo alongado, de 59 a 80 cm no Atlántico (lonxitude máxima, 90 cm as femias; 60 cm os machos). No Mediterráneo alcanzan menor tamaño.
- Pel áspera de cor gris con manchas escuras, con bordos brancos, nas partes superiores (lombo e flancos), e abrancazada na rexión ventral.
- Fociño comprimido e estreito.
- Mucosa bucal negra (ao que alude o seu nome específico melastomus).
- Ollos elípticos, relativamente grandes, sen membrana nictitante.
- Válvulas nasais pouco desenvolvidas, e afastadas da boca; sucos labiais medianamente longos.
- Fendeduras branquiais moi pequenas, a última sobre a aleta pectoral.
- As aletas dorsais son pequenas e subiguais. As pelvianas son pequenas e angulares. A marxe superior da aleta anal ten a parte superior provista de dentículos dérmicos laterais maiores que os restantes, formando a cada lado unha verdadeira crista marxinal.[4][5]
Remove ads
Historia natural
- Normalmente encóntrase en zonas profundas, no noiro continental, a profundidades de 150 a 1400 m, sobre fondos lamosos. Os individuos máis novos xeralmente habitan en augas máis superficiais que os xuvenís e os adultos. En Galicia varios autores citan á zapata en fondos da plataforma continental de máis de 200 m, desde a foz do Miño até a Estaca de Bares.[6]
- A zapata é un depredador xeralista que caza unha gran variedade de peixes, cefalópodos e crustáceos.
- Os seus sistemas visual e electroceptor son son capaces de detectar os movementos das súas presas bioluminiscentes.
- Os machos maduran sexualmente cando alcanzan os 24–42 cm de lonxitude, e as femias, cando miden 39–45 cm. A especie é ovípara, e as femias teñen 13 ovos no oviduto ao mesmo tempo.[4][7]
Remove ads
Status de conservación

Debido á súa abundancia, a zapata forma unha parte importante das capturas accidentais da pesca comercial de augas profundas en gran parte da súa área de dispersión. Porén, a causa do seu baixo valor económico xeralmente se descarta, aínda que en moitas zonas consómese fresca ou salgada, e tamén se emprega para a obtención de coiro. Para a súa venda nas peixarías adoita presentarse eviscerada (ás veces, tamén decapitada) e sen pel, que é dura e difícil de eliminar. As artes utilizadas para a súa captura son o arrastre e o palangre.[7]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) incluíu esta especie no grupo LC (pouco preocupante), xa que non hai ningunha indicación de que o seu número diminuíra a pesar da presión da pesca.[1]
Gastronomía
- Véxase tamén: Melgacho#Gastronomía.
Segundo José Carlos Capel, tanto o a zapata como os seus parentes o melgacho (Scyliorhinus canicula) e a roxa (S. stellaris) son especies comestíbeis que requiren cociñarse nun perfecto estado de frescor porque, do contrario, denotan un sabor desagradábel. Os lombos, unha vez limpos, poden presentarse en distintas preparacións, harmonizando ben coas salsas de tomate e verde, ou en guisos amarelos, e resultan excelentes en fritura coa fórmula do adobo andaluz, a dicir deste gastrónomo.[8]
En Galicia é frecuente comela guisada, con patacas, pementos e tomates (o "guiso amarelo", que diría Capel) e, menos, como un ingrediente máis das caldeiradas mixtas.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads