Roxa (peixe)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Roxa (peixe)
Remove ads

A roxa (Scyliorhinus stellaris) é unha especie de peixe cartilaxinoso elasmobranquio da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes) e familia dos esciliorrínidos (Scyliorhinidae),[2] común no litoral europeo e do norte de África.

Máis información RoxaScyliorhinus stellaris, Estado de conservación ...
Remove ads

Características

É un pequeno tiburón de pel relativamente áspera e coloración amarelada con manchas circulares de cor parda escura.

O seu corpo alongado, que pode superar o metro de lonxitude (máximo 162 cm), estréitase cara á cola.

O fociño é curto e estreitamente arredondado; as dúas pregas nasais non alcanzan a boca, o que o diferencia do melgacho.

A orixe da primeira aleta dorsal é oposta ás xuntas pelvianas, e a da segunda, anterior á xunta anal.[3]

Remove ads

Historia natural

Animal de hábitos nocturnos, vive en fondos areosos e rochosos con algas, a profundidades de 20 a 70 m, alimentándose de crustáceos, moluscos e cefalópodos.

Ovíparo, as petacas (cápsulas dos ovos) miden de 10 a 13 cm e son depositadas sobre as algas en primavera e verán, durando a xestación nove meses.[3]

Distribución

Nordeste do Atlántico, desde o sur de Escandinavia e as illas Británicas até Marrocos (ou aínda máis aos sur), incluíndo o Mediterráneo. A distribución cara ao sur é incerta.[4]

Estado de conservación

Segundo a Lista Vermella da IUCN o seu status é non preocupante.[5]

Gastronomía

Segundo José Carlos Capel, tanto a roxa como os seus parentes o melgacho (Scyliorhinus canicula) e a zapata (Galeus melastomus) son especies comestíbeis que requiren cociñarse nun perfecto estado de frescura porque, do contrario, denotan un sabor desagradábel. Os lombos, unha vez limpos, poden presentarse en distintas preparacións, harmonizando ben coas salsas de tomate e verde, ou en guisos amarelos, e resultan excelentes en fritura coa fórmula do adobo andaluz, a dicir deste gastrónomo.[6]

En Galicia é frecuente comela guisada, con patacas, pementos e tomates (o "guiso amarelo", que diría Capel) e, menos, como un ingrediente máis das caldeiradas mixtas.

Véxase tamén: Melgacho#Gastronomía.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads