Game Boy Light

From Wikipedia, the free encyclopedia

Game Boy Light
Remove ads

A Game Boy Light (en xaponés: ゲームボーイライト) é unha videoconsola portátil de Nintendo que saíu á venda unicamente no Xapón en abril de 1998. Ao igual que a Game Boy Pocket, a consola tiña un prezo de 6.800 iens.[1] É case do mesmo tamaño que a Pocket e ten unha luz de fondo parcialmente azulada para condicións de pouca luz. Utiliza dúas pilas AA, que lle dan aproximadamente 20 horas de autonomía coa luz apagada e 10 cando está acesa.[2]

Datos rápidos Produción, Cronoloxía ...

A Game Boy Light é a máis rara da saga Game Boy, podéndose comprar case unicamente por importación dende o Xapón durante 1998. Foi a única consola de Nintendo producida con pantalla alumada ata a saída da Game Boy Advance SP en 2003.

Remove ads

Especificacións técnicas

Máis información Tamaño, Peso ...
Remove ads

Edicións especiais

Os primeiros dous modelos que saíron á venda foron as versións dourada e prateada. Un pouco máis tarde saíron seis edicións especiais e limitadas, que son:

  • Game Boy Light Clear Red: Tezuka Osamu World Shop.[3]
  • Game Boy Light Astro Boy: Tezuka Osamu World Shop.[4]
  • Game Boy Light Pikachu Yellow: Pokémon Center Tokio. Como o seu propio nome indica, esta versión vendeuse só na única tenda Pokémon Center que había por aquel entón, en Tokyo.[5]
  • Game Boy Light Clear Yellow: Toy's 'R' Us.[6]
  • Game Boy Light Famitsu Skeleton. Existen dúas versións, aínda que a consola é exactamente a mesma nas dúas. Por unha banda está a edición de encarga e por outra a edición de evento. A primeira conseguíase comprándoa por correo e a segunda nun evento especial realizado no barrio xaponés de Akihabara.[7]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads