Gammaglobulina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As gammaglobulinas son un tipo de proteínas globulinas, identificadas pola posición que ocupan ao realizar unha electroforese de proteínas séricas.[1][2] As proteínas globulares presentes no soro sanguíneo que migran á rexión gamma (por teren carga eléctrica positiva) nunha electroforese denomínanse gammaglobulinas. As gammaglobulinas máis importantes son as inmunoglobulinas (anticorpos), aínda que algunhas inmunoglobulinas non son gammaglobulinas (non se illan na fracción sérica das gammaglobulinas), e non todas as globulinas son inmunoglobulinas.

Remove ads
Uso como tratamento médico
As inxeccións de gammaglobulinas utilízanse xeralmente para intentar potenciar temporalmente a inmunidade dun paciente contra certas enfermidades. Utilizáronse contra a hepatite A[3] (tratamento menos frecuente actualmente desde que hai vacina) ou sarampelo[4], como preparación antes dun transplante de riles[5], en pacientes con inmunodeficiencias (como os que teñen agammaglobulinemia asociada ao X ou síndrome de hiper-IgM)[6] ou outras doenzas inmunolóxicas, como a púrpura trombocitopénica idiopática[7]. Tamén na enfermidade de Kawasaki.[8]
Remove ads
Patoloxía
O exceso de gammaglobulinas denomínase hipergammaglobulinemia e a deficiencia hipogammaglobulinemia.
Unha doenza que afecta ás gammaglobulinas denomínase "gammopatía", por exemplo a gammopatía monoclonal de importancia indeterminada.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads