Globulina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As globulinas son un grupo de proteínas globulares de maior peso molecular e máis hidrosolubles que as albuminas, que se encontran no plasma sanguíneo e outros fluídos animais e en plantas. Son solubles en disolucións salinas diluídas, pero non en auga pura e precipitan en sulfato de amonio ao 50%.[1] Algunhas globulinas prodúcense no fígado e outras no sistema inmunitario. As globulinas, albuminas, e o fibrinóxeno son as principais proteínas sanguíneas. A concentración normal de globulinas no sangue é de 2,6-4,6 g/dL. Nos tecidos vexetais, como os das sementes de moitas plantas, hai tamén globulinas. Entre as globulinas hai proteínas transportadoras, que transportan substancias específicas; reactivos de fase aguda dos procesos inflamatorios; factores de coagulación; compoñentes do complemento; e inmunoglobulinas.
O termo "globulina" non se debe usar como sinónimo de "proteína globular". Por exemplo, as albuminas son tamén proteínas globulares pero non son globulinas. As demais proteínas globulares do soro sanguíneo son globulinas.
Remove ads
Tipos de globulinas
As globulinas poden pertencer a catro posibles categorías:
- Alfa 1 globulinas. Por exemplo, a alfa 1-antitripsina, que é a encargada de controlar a acción dos encimas lisosómicos, ou a alfa 1-glicoproteína ácida, tamén coñecida como orosomucoide, que é un reactante de fase aguda sintetizado no fígado como resposta á inflamación e danos nos tecidos.
- Alfa 2 globulinas. Por exemplo, a macroglobulina (alfa 2) cuxa función primordial é neutralizar os encimas proteolíticos, a haptoglobina, encargada de fixar a hemoglobina plasmática libre liberada polos eritrocitos, e transportala ao fígado para que non se excrete pola urina, ou a ceruloplasmina, que transporta e fixa o 90 % do cobre sérico.
- Beta globulinas. Por exemplo, a transferrina, que transporta ferro do intestino a depósitos de ferritina en diferentes tecidos, e desde alí a onde sexa necesario.
- Gamma globulinas. Corresponden ás inmunoglobulinas séricas ou anticorpos (IgA, IgE, IgG, IgM), sintetizados polos linfocitos B.
As globulinas poden distinguirse utilizando unha electroforese de proteínas do soro sanguíneo.

Remove ads
Tamaños
Hai globulinas de varios tamaños. As globulinas máis lixeiras son as alfa globulinas, que tipicamente teñen pesos moleculares de arredor de 92 kDa, mentres que a clase máis pesada de globulinas é a das gamma globulinas, que adoitan pesar uns 120 kDa, e como son as máis pesadas son as que corren máis lentas nos xeles de electroforese.
Pseudoglobulinas e euglobulinas
As pseudoglobulinas son unha clase de globulinas que son máis solubles en sulfato de amonio que as euglobulinas. As pseudoglobulinas son tamén solubles en auga pura, mentres que as euglobulinas non.[2]
Globulinas de plantas
Nas plantas existen tamén proteínas ás que se lle dá o nome de globulinas, como a cucurbitina, a vicilina e a legumina, que funcionan como almacéns de material proteico nas sementes.[3][4] Estas proteínas poden causar reaccións alérxicas se se unen con anticorpos IgE humanos.[5]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads