General Electric CF6

From Wikipedia, the free encyclopedia

General Electric CF6
Remove ads

O General Electric CF6 é unha familia de motores turboventilador de alto índice de derivación producidos por GE Aviation. Baseado no TF39, o primeiro motor a reacción de gran potencia e alto índice de derivación, o CF6 equipa a unha gran variedade de avións de pasaxeiros civís. O núcleo básico do motor tamén impulsa os turboeixos LM2500, LM5000 e LM6000 marítimos e de xeración de enerxía.

Datos rápidos Tipo, Fabricante ...

General Electric pretende substituír a familia CF6 polo GEnx.

Remove ads

Desenvolvemento

Despois de desenvolver o TF39 para o C-5 Galaxy a finais dos anos 60, GE ofreceu unha variante máis potente para o uso civil, o CF6, e rapidamente atopou interese en dous deseños ofrecidos nun contrato recente de Eastern Airlines, o Lockheed L-1011 e o McDonnell Douglas DC-10. O L-1011 finalmente seleccionou o Rolls-Royce RB211, pero o DC-10 quedou co CF6 e entrou en servizo en 1971. Tamén foi escollido para versións do Boeing 747. Dende entón o CF6 equipou a versións dos Airbus A300, 310 e 330, Boeing 767 e McDonnell Douglas MD-11.[1] O álto índice de derivación do CF6 representou un avance histórico na eficiencia dos motores de aviación.[2]

No ano 2000, a NTSB advertiu que o compresor de alta presión podería romperse,[3] e en 2010 que os discos do rotor da turbina de baixa presión poderían fallar.[4]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads