Georges Charpak

físico francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Georges Charpak
Remove ads

Georges Charpak, nado o 1 de agosto de 1924 e finado o 29 de setembro de 2010[1], foi un físico polaco-francés gañador do Premio Nobel de Física.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Charpak naceu na cidade de Dąbrowica en Polonia (actual Dubrovytsia, Ucraína) nunha familia xudía de orixe polaca-ucraína. A familia de Charpak emigrou de Polonia a París cando el tiña sete anos de idade.

Durante a segunda guerra mundial Charpak enrolouse na Resistencia francesa, foi feito prisioneiro polas autoridades da Francia de Vichy en 1943. En 1944 foi deportado a un campo de concentración Nazi no Dachau, onde permaneceu ata que o campo foi liberado no 1945. Despois de graduarse no instituto de Montpellier, en 1945 entrou na École des Mines, en París, unha das máis prestixiosas escolas de enxeñería de Francia. O ano seguinte nacionalizouse como cidadán francés.

Graduouse en 1948, obtivo o seu grao de enxeñaría de minas e comezou a traballar para o Centre national de la recherche scientifique (CNRS). Recibiu o seu doutoramento en 1954 de Física nuclear no Collège de France, París, onde traballou no laboratorio de Frédéric Joliot-Curie. En 1959 uniuse ao CERN (European Organization for Nuclear Research) en Xenebra e en 1984 converteuse en profesor da Escola de Estudos Avanzados en Física e Química en París.

Foi membro da Academia de Ciencias Francesa en 1985. En 1992, recibiu o Premio Nobel de Física "polo invento e desenvolvemento de detectores de partículas, en particular a cámara multicable".

En Francia, Charpak foi un defensor decidido da enerxía nuclear e era membro do comité que publica o Bulletin of the Atomic Scientists Arquivado 05 de agosto de 2009 en Wayback Machine..

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads