GSLV

Foguete espacial da India. From Wikipedia, the free encyclopedia

GSLV
Remove ads

GSLV (acrónimo de Geostationary Launch Vehicle ou Geosynchronous Satellite Launch Vehicle) é un modelo de foguete pertencente á axencia espacial india, a ISRO.[1][2]

Datos rápidos Función, fabricante ...
Remove ads

Características

O GSLV, derivado en parte do PSLV, é un foguete indio cunha arquitectura infrecuente na que se alternan etapas que consomen propelente líquido con etapas que usan propelente sólido. A primeira etapa é de propelente sólido, rodeada por catro aceleradores de propelente líquido que consomen UDMH e tetróxido de nitróxeno. A segunda etapa é de propelente líquido, consumindo o mesmo que os aceleradores da primeira, mentres que a terceira e última etapa usa propelentes crioxénicos, hidróxeno e osíxeno líquidos. Tódalas etapas de propelente líquido, excepto a terceira, usan motores Vikas, que non é máis que unha versión dos motores Viking dos foguetes Ariane fabricados baixo licenza.[1]

A cofia, de 3,4 m de diámetro e 7,8 m de alto, está feita dunha aliaxe de aluminio. O GSLV estabilízase nos tres eixos mediante un sistema de control autónomo en cada etapa. As tobeiras dos aceleradores da primeira etapa poden moverse mediante cardáns para modificar a traxectoria do foguete. A segunda etapa usa unha combinación de movemento da tobeira mediante un cardán cun sistema de control a reacción mediante gas para o control da traxectoria. Finalmente, a terceira etapa usa pequenos motores para controlar a orientación durante a fase propulsada, mentres que usa un sistema de gas frío para os momentos nos que non hai propulsión.[1]

A versión básica foi substituído polo GSLV Mk.2, que ten a diferenza de usar o motor CE7.5, de construción india, na terceira etapa.[7]

Historial de lanzamentos

Máis información Data, Rampla de lanzamento ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads