Gerhard Rohlfs
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Gerhard Rohlfs, nado en Berlín o 14 de xullo de 1892 e finado en Hirschau o 12 de setembro de 1986, foi un filólogo, lingüista e glotólogo alemán. Foi docente das universidades alemás de Múnic e Tubinga. Humanista de vasta cultura e amplos intereses, ten sido denominado o arqueólogo das palabras.
- Para o artigo sobre o xeógrafo que explorou África, véxase Friedrich Gerhard Rohlfs.
Remove ads
Traxectoria
Estudos e investigacións
O seu inicio nos estudos lingüísticos comezou sobre a guía de Karl Jaberg e Jakob Jud, dos que recibiu o encargo de acometer un amplo estudo dos dialectos da Italia meridional, acabando laureado por unha tese titulada Griechen und Romanen in Unteritalien ( Gregos e romanos na Baixa Italia), publicada no 1924.
Ocupouse de glotoloxía e lingüística das linguas románicas e dos seus dialectos, principalmente dos pertencentes ás áreas lingüísticas da Italia meridional, nomedamente da áreas calabro-lucana e salentina (dialecto calabrés, salentino e cilentano). Publicou dous vocabularios completos do dialecto calabrés (Milán, 1938-1939) e do salentino (Múnic, 1956-1961).
Fundamental é a súa monumental obra en tres volumes Historische Grammatik der italienischen Sprache und ihrer Mundarten. Lehnen, München, 1949-1954 (Gramática histórica do idioma italiano e os seus dialectos), máis tarde traducida ao italiano.
Ocupouse extensamente da lingua grecánica, é dicir, o grego falado aínda en comunidades da Italia meridional, sostendo a tese[1] de que os usuarios desa lingua eran descendentes dos colonos helenos da Magna Grecia, opóndose á teoría de Giuseppe Morosi, quen sostiña, por contra, a descendencia de bizantinos, na estela das emigracións gregas dos séculos IX a XVI.
Remove ads
Recoñecemento
No 1974 un xurado designado polo Prof. Alessandro Faedo, Reitor da Universidade de Pisa, concedeulle o Premio Forte dei Marmi, na especialidade de Historia da Lingua Italiana.
O 14 de xullo de 2002, en ocasión do 110 aniversario do seu nacemento, o concello de Badolato deulle o seu nome á praza sita endiante das escolas elementais.
En Calabria G. Rohlf recibiu a cidadanía de honra dos concellos de Bova (1966), Candidoni (1979), Tropea e Cosenza (1981).
Remove ads
Notas
Obras publicadas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
