Gillo Pontecorvo

director de cinema italiano From Wikipedia, the free encyclopedia

Gillo Pontecorvo
Remove ads

Gillo Pontecorvo, nado en Pisa o 19 de novembro de 1919 e morto en Roma o 12 de outubro de 2006, foi un cineasta italiano.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Os seus filmes máis coñecidos son Queimada (1969) e La Battaglia di Algeri (1965). No primeiro actúa Marlon Brando, que interpreta o axente inglés Walker, un personaxe enviado ao Novo Mundo para pregar a revolución nas colonias da España e Portugal, ofrecendo aos nativos o apoio financeiro de Inglaterra. No segundo, cóntase o episodio da revolta de Alxeria contra a dominación francesa, isto xa nos finais dos anos 50 do século XX.

Foi candidato dúas veces nos Premios Óscar, en 1961, na categoría de mellor película estranxeira, por Kapò, na que abordaba os campos de concentración nazis, mediante a historia dun gardián alemán que axuda a unha muller xudía; e en 1966 por A batalla de Alxer na categoría de mellor director.

Foi o director do filme Operación Ogro, no que se relata o atentado contra o Presidente do Goberno de España Luis Carrero Blanco en 1973.

Remove ads

Filmografía como director

  • Firenze, il nostro domani (2003)
  • Un altro mondo è possibile (2001)
  • I corti italiani (1997) (segmento de “Nostalgia di protezione”)
  • Nostalgia di protezione (1997)
  • Danza della fata confetto (1996)
  • 12 registi per 12 citta (1989) (segmento de “Udine”)
  • L'addio a Enrico Berliguer (1984)
  • Ogro (1980)
  • Queimada (1969)
  • La Battaglia di Algeri (1965)
  • Paras (1963)
  • Kapò (1959)
  • Pane e zolfo (1959)
  • La grande strada azzurra(1957)
  • Cani dietro le sbarre (1955)
  • Giovanna (1955)
  • Festa a Castelluccio (1954)
  • Porta Portese (1954)
  • Missione Timiriazev (1953)
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads