Revolución

From Wikipedia, the free encyclopedia

Revolución
Remove ads

Unha revolución (do latín revolutio 'dar volta') é un cambio ou transformación radical e profundo respecto ao pasado inmediato. Pódese producir en varios ámbitos ao mesmo tempo, tales como económicos, culturais, relixiosos, políticos, sociais, militares etc. Os cambios revolucionarios, ademais de radicais e profundos, e sobre todo traeren consecuencias transcendentais, han de percibirse como súbitos e violentos, como unha ruptura da orde estabelecida ou unha descontinuidade evidente co estado anterior das cousas. Se non é así, debería falarse mellor dunha evolución, dunha transición ou dunha crise. Se o que falta é o seu carácter transcendental, debería falarse mellor dunha revolta. As revolucións son consecuencia de procesos históricos e de construcións colectivas, para que unha revolución exista é necesario que haxa unha nova unión de intereses fronte a unha vella unión de intereses. Entón, podemos dicir que revolución é un cambio brusco ou radical nas estruturas, isto pode afectar no social, económico, cultural etc.

Thumb
A tomada da Bastilla, o 14 de xullo de 1789 durante a Revolución francesa.
Remove ads

Tipoloxía das revolucións

Na historiografía fálase xeralmente de tres tipos de revolucións

Poden valer para exemplificalas as tres grandes revolucións que xorden e se desenvolven entre os séculos XVIII e XIX, marcando a fin da Idade Moderna e o comezo da Idade Contemporánea.

  • A Revolución Francesa foi un movemento fundamentalmente político, porque se trataba de substituír a monarquía absoluta existente ata 1789, para substituíla por un sistema político con características radicalmente opostas, o que permitiu falar dun Antigo Réxime e un Novo Réxime. Desde un punto de vista xeral, pode incluírse a francesa entre as Revolucións Liberais, entendidas como as que aplican a ideoloxía política liberal, e que comezarían coa independencia americana e continuarían en Europa Occidental polo menos até 1848.
  • A revolución burguesa entendida como a substitución como clase dominante do estamento privilexiado (formado por nobreza e clero) pola burguesía, co cambio de relacións, comportamentos, actitudes e valores sociais que se identifican cunha ou outra; permite falar dunha nova sociedade de clases. Porén, a historiografía adoita utilizar máis comunmente o termo Revolucións burguesas para referirse, até no seu aspecto estritamente político (a pesar da impropiedade), ás que chamamos revolucións liberais, é dicir, a todos os procesos revolucionarios (como a mesma Revolución Francesa) nos que esta clase social é impulsora.
  • A Revolución Industrial ten un carácter esencialmente económico, a transformación respecto da época precedente (a preindustrial) co uso de novas técnicas, fontes de enerxía, invención de maquinarias, innovadores medios de transporte, aumento da capacidade produtiva coa substitución dos talleres artesanais polas fábricas etc

É necesario indicar que estes dous últimos procesos, a pesar de seren de duración secular, foron claramente percibidos polos seus contemporáneos como súbitos e violentos, como o proban, entre outros extremos, a resistencia e os conflitos que xerou a aparición do maquinismo (a destrución de máquinas ou luddismo). É de imposíbel solución o debate (no que pode destacarse o achegue de E. P. Thompson) sobre se a revolución industrial inglesa custou máis mortes e sufrimentos que a revolución liberal francesa.

Xustificado este uso, enténdese que por extensión se aplique o termo revolución á Revolución Neolítica e a Revolución Urbana (definidos por Vere Gordon Childe), procesos xa non seculares mais milenarios, pero que presentan claras analoxías cos do XVIII e XIX en canto á transformación radical (e sen dúbida violenta) das formas de vida da humanidade.

Non se esgota a tipoloxía das revolucións con estes tres tipos. Fálase de revolucións en calquera ámbito, até nos máis afastados dos usos anteriores, como sería o ámbito da ideoloxía (revolución ideolóxica) ou o da arte (revolución artística). Ás veces esa extensión faise con evidente abuso do termo (cando se aplica á moda, ao deporte, á última novidade da música popular...), e ás veces está plenamente xustificada (Revolución Cultural na China maoísta) ou o concepto de revolución científica (Thomas Kuhn).

Remove ads

Revolución Irmandiña

Aínda que a aplicación do termo revolución a estes sucesos é moi discutida, na historiografía galega o feito máis importante deste tipo é o conxunto de revoltas irmandiñas, que se ben vistos desde hoxe non teñen algunhas das características dunha revolución e o seu obxectivo era máis unha restauración de dereitos que un cambio radical, si foron vistas polos seus protagonistas e por moitos galegos desde entón como unha revolución.

Remove ads

Revolucións

Máis información Nome, Período ...
Remove ads

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hobsbawm, Eric J. Las revoluciones burguesas (The Age of Revolution) 1987 Barcelona: Labor ISBN 84335298781
  • Arendt, Hannah Sobre la revolución (On Revolution) 1967, 1998 Revista de Occidente, Alianza Editorial ISBN 84-206-5806-5
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads