Gisaengchung

filme de 2019 dirixido por Bong Joon-ho From Wikipedia, the free encyclopedia

Gisaengchung
Remove ads

Gisaengchung (en coreano: 기생충) é un filme surcoreano de suspense e comedia negra de 2019 dirixido por Bong Joon-ho, quen tamén elaborou a historia orixinal e coescribiu o guión con Han Jin-won. Está protagonizado por Song Kang-ho, Lee Sun-kyun, Cho Yeo-jeong, Choi Woo-shik e Park So-dam, e conta a historia dos membros dunha familia pobre que artella un plan para converterse en empregados da casa dunha familia rica pretendendo ser profesionais altamente cualificados sen relación entre eles.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

Gisaengchung tivo a súa estrea internacional no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 21 de maio de 2019, onde se converteu no primeiro filme coreano en gañar a Palma de Ouro e o primeiro filme en conseguilo con voto unánime dende La Vie d'Adèle do Festival de 2013. O filme estreouse en Corea do Sur a través de CJ Entertainment o 30 de maio de 2019 e no resto do mundo durante 2019 e comezos de 2020. Recibiu a aclamación da crítica, entrando en moitas clasificacións dos mellores filmes da década.[1][2] Recadou 167,6 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no filme con maior recadación de Bong e de Corea do Sur.[3]

Na 92ª edición dos Óscar, o filme conseguiu seis nomeamentos, e gañou catro premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor guión orixinal e mellor filme internacional, converténdose no primeiro filme surcoreano en gañar o premio da Academia, así como o primeiro filme en lingua non inglesa en conseguilo. Na 77ª edición dos Globos de Ouro, o filme gañou o premio ó mellor filme en lingua non inglesa, e tamén recibiu catro nomeamentos ós BAFTA, gañando os premios de mellor filme en lingua non inglesa e mellor guión orixinal.

Remove ads

Personaxes

  • Song Kang-ho como Kim Ki-taek, pai da familia Kim
  • Lee Sun-kyun como Park Dong-ik, pai da familia Park
  • Cho Yeo-jeong como Yeon-gyo, nai da familia Park
  • Choi Woo-shik como Kim Ki-woo, fillo da familia Kim
  • Park So-dam como Kim Ki-jeong, filla da familia Kim
  • Chang Hyae-jin como Chung-sook, nai da familia Kim
  • Jeong Ji-so como Park Da-hye, filla da familia Park
  • Jung Hyeon-jun como Park Da-song, fillo da familia Park
  • Lee Jung-eun como Gook Moon-gwang, como ama de chaves
  • Modelo:Illm como Geun-sae, marido de Moon-gwang
  • Park Geun-rok como Yoon, o chofer
  • Jung Yi-seo como a xerente da pizzería
  • Park Seo-joon como Min-hyuk (cameo)[4]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads