Gliceraldehido

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Gliceraldehido
Remove ads

O gliceraldehido é a máis simple das aldosas (monosacáridos cun grupo aldehido). Está composto por tres átomos de carbono (aldotriosa); o primeiro ten un grupo aldehido, o segundo ten unido un hidróxeno e un grupo hidroxilo, mentres que pola contra o terceiro posúe 2 hidróxenos e un hidroxilo (-OH). Ademais, o segundo carbono está unido a catro substituístes diferentes polo que se denomina carbono asimétrico ou quiral. Ao cambiar a posición do grupo –OH do carbono central obtéñense dous isómeros espaciais cunha estrutura que é a imaxe especular da outra, así se o grupo –OH se sitúa á esquerda se denominará L-gliceraldehido e se sitúa á esquerda, D-gliceraldehido. O gliceraldehido terá por tanto dous enatiómeros e actividade óptica.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Thumb
Proxección de Fischer aplicada ao D-gliceraldehido

A súa fórmula molecular é: C3H6O3

O gliceraldehido pode ser preparado con dihidroxiacetona, pola oxidación suave do glicerol, por exemplo co peróxido de hidróxeno e un sal ferroso como catalizador.

Por un accidente afortunado, a denominación D da xeometría molecular xurdiu no século XIX. Tempo despois, sería confirmada pola cristalografía de raios X no ano 1951.

É o primeiro monosacárido que se obtén na fotosíntese, durante a fase escura (ciclo de Calvin).

Remove ads

Gliceraldehido-3-fosfato

Artigo principal: Gliceraldehido-3-fosfato.

É un derivado fosfatado do gliceraldehido que intervén na glicólise e na fase escura da fotosíntese ou ciclo de Calvin.

Na glicólise

  • Obtéñense como resultado da primeira fase glicolítica dúas moléculas de gliceraldehido-3-fosfato por glicosa, como resultado da rotura da frutosa-1,6-difosfato. Unha das moléculas de gliceraldehido-3-fosfato procede da isomerización da dihidroxiacetona-fosfato.
  • Na segunda fase da glicólise, o gliceraldehido 3-fosfato oxídase. Esta oxidación proporcionará enerxía tanto para a redución do coenzima NAD+ como para a posterior fosforilación de ADP.
Remove ads

Representacións

Esta molécula ten diferentes xeitos de ser representada mediante diversos modelos como os exemplificados na táboa a seguir:

Nome do enantiómero D-gliceraldehido
(R)-gliceraldehido
(+)-gliceraldehido
L-gliceraldehido
(S)-gliceraldehido
(−)-gliceraldehido
Proxección de Fischer Thumb Thumb
Fórmula estrutural Thumb Thumb
Modelo molecular Thumb Thumb

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads