Golfo de Riga

From Wikipedia, the free encyclopedia

Golfo de Rigamap
Remove ads

O Golfo de Riga (ou Baía de Riga, en letón Rīgas Jūras līcis, en estoniano Liivi Laht) é unha baía do mar Báltico situada entre Letonia e Estonia.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...

O Golfo de Riga ten unha área de 18 000 km cadrados. A súa máxima profundidade é de 54 m. A illa de Saaremaa, en Estonia, separa parcialmente o golfo do mar Báltico. A illa de Ruhnu, no medio do golfo, tamén pertence a Estonia. A conexión principal entre o golfo e o mar Báltico é o estreito de Irbe. O Golfo de Riga, como subconca do Báltico, tamén inclúe o mar de Väinameri no arquipélago occidental de Estonia.

Salientan algunhas cidades do golfo como Riga e Pärnu. Os ríos principais do golfo son o Daugava, o Lielupe, o Gauja e o Salaca.

Remove ads

Xeografía

Extensión

A Organización Hidrográfica Internacional define o límite occidental do Golfo de Riga como "unha liña que corre desde Lyser Ort (57° 34'N), en Letonia, ata o extremo sur da Illa Œsel, a través desta illa ata Pammerort (22°34'E), desde alí ata punta Enmast, o extremo Sur de Dagö, a través de Dagö ata punta Takhkona, desde o extremo norte da mesma a punta Spithamn en Estonia".[1]

Inverno

No inverno, a maior parte ou a totalidade da baía normalmente conxélase. Isto é debido á baixa salinidade e ao efecto calmante da pechadura parcial da entrada do golfo. Durante o inverno, moitas persoas percorren a baía. O xeo máis gordo rexistrado tivo 90 cm de espesor no inverno de 1941-42.[2] Hole de xeo A pesca no xeo foi unha fonte tradicional de comida invernal e segue a ser unha actividade común. O xeo xeralmente funde entre marzo e abril. A finais de marzo de 2013, cando o xeo comezou a derreterse, 200 persoas tiveron que ser rescatadas dos bloques de xeo.[3]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads