Gomesende

concello da comarca de Terra de Celanova, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia

Gomesendemap
Remove ads

Gomesende é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 829 habitantes (1105 en 2003).

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Demografía

Máis información Censo total, 829 (2015) ...
Evolución da poboación de Gomesende   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3569 3187 3255 2365 1118 968
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Remove ads

Xeografía

O concello, de 28,3 km², pertence á comarca da Terra de Celanova. Limita ao norte con Cartelle, ao sur con Quintela de Leirado, ao leste con Ramirás e ao oeste coa Arnoia, Cortegada e Pontedeva.

Está atravesado polo río Arnoia, o Deva e o río de San Francisco. Os maiores cumios son o Marco das Cruces (869 m, pertencente á serra da Moura) e os montes do Viso e Silva Escura (600–700 m, pertencentes á serra do Laboreiro).

Remove ads

Historia

O topónimo Gomesende é de orixe xermánica[1].

Durante a idade media o mosteiro de Celanova tiña xurisdición na parroquia de San Lourenzo de Fustáns. As demais parroquias formaban parte dun señorío real, se ben a Herdade de San Miguel de Gomesende foi doada en 1214 por Afonso IX á catedral de Ourense. Posteriormente, algunhas terras volveron a mans de nobres. Os Puga tiñan padroado da igrexa de Poulo (onde se conservan escudos e unha tumba desta liñaxe) e das parroquias de Meréns e Louredo (Cortegada).

As terras estaban cruzadas polo camiño real que ía desde Pontevedra a Celanova pasando pola Arnoia, por onde ía o viño do Ribeiro para embarcalo.

Patrimonio

O Santuario da Nosa Señora da Guía é un templo de arquitectura neoclásica. Ten unha fachada de retablo, cun frontón con volutas inversas nos extremos rematadas con pináculos de bólas. Ten un primeiro corpo con dous vaos coas campás, rematado no centro cun corpo dun só vao coroado cunha cruz. No lado leste ten ábsidas rectangulares, coroadas por pináculos terminados en bólas, e unha fiestra cadrada tapada no interior por retablos. Este santuario ten importancia como centro mariano de peregrinación.

O Santuario da Nosa Señora do Val de Poulo é outro centro de peregrinación mariana, que antigamente tiña máis importancia có anterior. Está situado no monte. É de arquitectura barroca, se ben non se chegou a rematar o proxecto orixinal, que incluía un cenobio dependente da igrexa parroquial, e quedaron baixos os muros de peche. Ten un dobre ciborrio octogonal anterior e posterior, destacando en altura. A carón deste templo había unha antiga capela, conservándose restos de muros derrubados e fontes de baños ó redor do templo vello.

Outros templos barrocos son as igrexas do Pao, Poulo e Fustáns. Hai outra ermida en Santiago de Viñal (O Pao).

Existen casas señoriais en Guielas e A Pombiña (O Pao) e a de Pumar (Sobrado, Poulo).

Thumb
Centro de saúde.

Gomesende conta con parte da ruta homologada de sendeirismo PR-G 143 "Roteiro do río Arnoia". É unha ruta lineal duns 11 km con inicio/fin no Santuario da Nosa Señora do Val (Gomesende) e fin/inicio en Escudeiros (Ramirás).

Remove ads

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Gomesende

A Guía (Santa María) | O Pao (Santa María) | Penosiños (San Salvador) | Poulo (San Pedro) | San Lourenzo de Fustáns (San Lourenzo) | O Val (Santa María)

Lugares de Gomesende

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Gomesende vexa: Lugares de Gomesende.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads