Ramirás

concello da comarca de Terra de Celanova, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia

Ramirásmap
Remove ads

Ramirás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2014 tiña unha poboación de 1.643 persoas (2.053 en 2003). O xentilicio é ramirao.[1]

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Demografía

Censo total 1643 2014
Menores de 15 anos 75 (4,56 %)
Entre 15 e 64 anos 771 (46,93 %)
Maiores de 65 anos 797 (48,51 %)
Evolución da poboación de Ramirás   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
- 5.806 5.147 5.132 2.046 1.897
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Remove ads

Historia

Comezou a ser habitado polos Coelernos, que construíron os castros de Grixó e Marnotos. Na Idade Media estas terras remataron caendo baixo o dominio do mosteiro de Celanova, que tiña aquí un dos seus priorados en Paizás, en constante litixios e preitos contra das monxas do mosteiro de San Pedro de Ramirás por mor das lindes dos seus dominios ata que os monxes conseguiron que extinguisen a vida monástica feminina deste lugar e así dominar eles sós a zona.

O concello naceu administrativamente en 1926, trala fusión dos municipios de Freás de Eiras e Vilameá de Ramirás. A cabeza do antigo priorato de Celanova, San Salvador de Paizás, era chamado antigamente "de Eiras", sendo ese o nome dado ao río Tuño, segundo consta na documentación do mosteiro desde finais da Alta Idade Media.

Remove ads

Patrimonio

O mosteiro de San Pedro de Ramirás é do século X. Aínda que a orixe non está ben establecida, sábese que foi fundado por Omnéga, abadesa do mosteiro de Santa Comba de Bande. Convento dos beneditinos en 1137, logo tivo diversos cambios. A igrexa, empezada no estilo románico, foi acabada no estilo gótico.

Ramirás conta con parte da ruta homologada de sendeirismo PR-G 143 Ruta do río Arnoia. É unha ruta lineal duns 11 km entre o Santuario da Nosa Señora do Val (Gomesende) e Escudeiros (Ramirás).

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ramirás.

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ramirás

Casardeita (Santiago) | Escudeiros (San Xoán) | Freás de Eiras (Santa María) | Grixó (Santa Isabel) | Mosteiro (San Pedro) | Paizás (San Salvador) | Penosiños (San Salvador) | Rubiás (Santiago) | Santo André de Penosiños (Santo André) | Vilameá de Ramirás (Santa María)

Lugares de Ramirás

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ramirás vexa: Lugares de Ramirás.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads