Gracilicutes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Gracilicutes (do latín: gracilis, delgado, e cutis, pel, facendo referencia á parede celular) é un taxon controvertido en taxonomía bacteriana.
Tradicionalmente os resultados da tinguidura de Gram eran os máis utilizados como feramenta de clasificación, polo que ata que se empezou a utilizar a filoxenia molecular, o Reino Prokaryotae (como se lle chamaba entón ao dominio Bacteria) foi dividido en catro filos,[1]
- Gracilicutes (bacterias gramnegativas).
- Firmacutes [sic] (bacterias grampositivas, posteriormente corrixido a Firmicutes[2]).
- Mollicutes (tinguidura de Gram variable, por exemplo, Mycoplasma).
- Mendocutes (tinguidura de Gram inestable, "bacterias metanoxénicas" agora coñecidas como metanóxenas e clasificadas como Archaea).
Este sistema de clasificación foi abandonado en favor do sistema de tres dominios baseado na filoxenia molecular iniciado por C. Woese.[3][4]
Este taxon que estaba sendo abandonado foi revivido en 2006 por Cavalier-Smith, que o considerou un infrarreino que contiña os filos Spirochaetae, Sphingobacteria, Planctobacteria, e Proteobacteria.[5] Porén, este taxon non é xeralmente aceptado porque o que normalmente se segue é o sistema de tres dominios.[6]
É un clado gramnegativo que se ramificou doutras bacterias xusto antes da perda na evolución da membrana externa, e xusto despois da evolución dos flaxelos.[5]
Remove ads
Relacións
O seguinte gráfico mostra a versión de Cavalier-Smith da árbore da vida, que indica o status de Gracilicutes.[7]
|
Lenda: |
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads